Arqueoloxía en monodose: "Termas de Lugo” por Santiago Vázquez Collazo e Francisco Alonso Toucido 

Na sesión do pasado luns 26 de Arqueoloxía en Monodose, tivemos ocasión de coñecer os resultados da intervención arqueolóxica desenvolvida no balneario romano de Lugo pola Fundación L. Monteagudo baixo a dirección de Francisco Alonso Toucido, de Tempos Arqueólogos. Trala presentación do proxecto polo secretario da Fundación L. Monteagudo, Santiago Vázquez Collazo, o arqueólogo Francisco Alonso Toucido presentou as aras, case que todas fragmentadas, a cerámica, moedas, madeiras...

Arqueoloxía en monodose: “O xacemento arqueolóxico de Reza Vella (Ourense)” por Mario César Vila

O pasado luns 5 de outubro, dentro do ciclo Arqueoloxía en Monodose, Mario César Vila expuña os resultados da intervención desenvolvida no xacemento de Reza Vella (Ourense) motivada polas obras da chegada da Alta Velocidade a Ourense.

Entre os resultados destaca a documentación dunha vía secundaria (a VIII?), construída en época flavia e que foi obxecto dunha importante remodelación do seu trazado en época tardoimperial; quedando probada a existencia dun vial na marxe dereita do Miño.