Sen título (CE005270/44)
Fragmento de prato de cerámica común, de bordo recto e parede cóncava ao interior. A superficie é de cor escura ao exterior, con restos de feluxe, e ocre ao interior. A pasta é de cor ocre.
Ofrece a particularidade de mostrar un grafito latino postcocción realizado, en letras de factura coidada, na cara interna, no que claramente se le: VALIIRI [= VALERI], referido ao antropónimo Valerius, o que viría significar (propiedade de) Valerio.
Sen título (CE005270/43)
Coitelo de fío curvo, lombo recto e mango prismático de sección rectangular, realizado nunha soa peza. Posiblemente estaría provisto dun mango realizado en materia orgánica.
Sen título (DX0017/102)
Grampa en
Sen título (DX0020/18)
Peza formada por dous pequenos discos irregulares de chumbo unidos por un eixe central, que dá como resultado unha forma similar a un carrete.
Sen título (CE005212/93)
Fragmento correspondente ao bordo e corpo dunha gran cunca hemiesférica de costelas, pouco profunda. Bordo puído a torno, lixeiramente exvasado e engrosado con respecto ao corpo. Na cara externa presenta costelas prominentes, coa parte superior diminuída e redondeada, que probablemente continuarían ata a base.
Sen título (CE005227/230)
Conxunto formado por 49 fragmentos de material latericio: seis deles de 51 x 51 x 6,5 cm; tres de 65 cm, outros tres cadrados, de 22 cm de lado e 5 cm de grosor e o resto de diferentes tamaños e diferentes estados de conservación, que conformaban a trébede de Santomé.
As dimensións das pezas que se conservan enteiras non se axustan as medidas clásicas dos : bessales, sesquipedales ou bipedales.
Sen título (DX1028/165)
Instrumento formado por barra alongada de sección rectangular que se ensancha nun dos extremos a modo de pa, realizado nunha soa peza.
Sen título (DX1028/114)
Anel circular decorado na súa cara externa mediante liñas incisas que forman un motivo de espiga.
Sen título (DX0054/6)
Fíbula de arco semicircular decorado lonxitudinalmente por tres acanaladuras. Presenta un pé curto con botón terminal e articulación mediante charnela. O arco parte dun corpo rectangular plano. Conserva a agulla.
Paxinación
- First page
- Páxina anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- Páxina Seguinte
- Last page
Grampa en forma de variña ou lámina de sección rectangular con ambos extremos puntiagudos e dobrados en ángulo recto, conformando un>.