Sen título (DX1378/3)
Tríscele de raios curvos e envolventes en sentido dextroso, enmarcados por unha moldura lisa, moi desgastada ao exterior. A parte traseira está dividida en dúas seccións: unha labrada para sobresaír do muro e ser vista, e outra en forma de paralelepípedo irregular para encaixar nel.
Sen título (DX1378/2)
Hexasquel, esvástica ou tríscele de seis raios en sentido dextroso que parten dun punto central, enmarcados por unha moldura circular lisa.
Sen título (DX1378/1)
Pedra cilíndrica decorada cunha roseta de seis pétalos, enmarcada por unha moldura lisa, parcialmente perdida.
Sen título (DX1028/441)
Ímbrice de cerámica (imbrex) de perfil semicircular e bordos de sección cuadrangular, decorado con dixitacións formando ondas.
Sen título (CE006353/40)
Fragmento decorado cunha concatenación de rosáceas de seis puntas. Conserva unha roseta completa e boa parte doutras, conseguidas todas elas a base de facer que cada pétalo forme parte de dúas.
Sen título (CE005231/176)
Prato de cerámica engobada tipo Alcorta EP1 da fase antiga, caracterizada pola súa pasta ocre clara, con abundante desgraxante micáceo e cuarcítico e o engobe vermello escuro ou vináceo, intenso e brillante, tanto no interior da peza como na cara exterior do bordo. Ten a parede oblicua e a base plana.
Sen título (DX1028/438)
Pedra cilíndrica decorada cun tríscele de raios en sentido dextrorso, enmarcado por unha dobre moldura.
Sen título (DX1028/437)
Esvástica flamexante de tres raios en sentido dextrorso, rodeados dunha moldura mal conservada.
Sen título (DX0017/204)
Cunca de pasta ocre amarelada, de boca ancha, bordo lixeiramente convexo e carena marcada cunha acanaladura superior. Ofrece decoración en frisos horizontais, con motivos característicos do repertorio cluniense, pintados en cor marrón. No friso superior, separadas por un grupo de liñas verticais, metopas nas que se inscriben un peixe mirando á dereita e un aspa formada por follas lanceoladas; baixo a carena, un friso de arcos invertidos concatenados.
Paxinación
- First page
- Páxina anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- Páxina Seguinte
- Last page
5 fragmentos da parte inferior dun ungüentario tubular de base redondeada.