Sen título (DX0878/11)

Sen título (DX0878/11)
Sen título (DX0878/11)
Comentario

Fragmento de tella ("tegula") de cor crema claro. Amosa estampado, en relevo pouco marcado, un selo completo en cartela rectangular de 53 x 38 mm, coa incrición MAR con nexo nas tres letras de 30 mm de altura.

Sen título (DX0878/10)

Sen título (DX0878/10)
Sen título (DX0878/10)
Comentario

Fragmento de tella ("tegula") de cor roxizo con pestana que amosa gravado por medio de dedadas. Son dúas letras: un posible I e un R de 8 cm de altura.

Sen título (DX0008/173)

Sen título (DX0008/173)
Comentario

Conxunto de tres fragmentos, correspondentes ao bordo e parte superior do corpo dun recipiente de corpo cilíndrico, de bordo lixeiramente entrante, acabado nun beizo redondeado e volto cara ao exterior.

O bordo e o corpo sepáranse por un filete de 1 mm. de grosor situado a 19 mm. do beizo.

Tres fragmento de diferentes recipientes sen catalogar.

Sen título (DX0017/226)

Sen título (DX0017/226)
Sen título (DX0017/226)
Comentario

5 fragmentos da parte inferior dun ungüentario tubular de base redondeada.

Sen título (DX1378/3)

Sen título (DX1378/3)
Sen título (DX1378/3)
Comentario

Tríscele de raios curvos e envolventes en sentido dextroso, enmarcados por unha moldura lisa, moi desgastada ao exterior. A parte traseira está dividida en dúas seccións: unha labrada para sobresaír do muro e ser vista, e outra en forma de paralelepípedo irregular para encaixar nel.

Sen título (DX1378/2)

Sen título (DX1378/2)
Sen título (DX1378/2)
Comentario

Hexasquel, esvástica ou tríscele de seis raios en sentido dextroso que parten dun punto central, enmarcados por unha moldura circular lisa.

Sen título (DX1378/1)

Sen título (DX1378/1)
Sen título (DX1378/1)
Comentario

Pedra cilíndrica decorada cunha roseta de seis pétalos, enmarcada por unha moldura lisa, parcialmente perdida.

Sen título (DX1028/441)

Sen título (DX1028/441)
Sen título (DX1028/441)
Comentario

Ímbrice de cerámica (imbrex) de perfil semicircular e bordos de sección cuadrangular, decorado con dixitacións formando ondas.