Sen título (DX0020/75)
Conxunto de seis fragmentos que formarían unha tapadeira plana de forma circular, onde catro deles pegan entre si. Na parte central, da que se conserva uns tres terzos, presenta un orificio central e unha serie de orificios formando un círculo. O orificio da parte central tería a función de impedir que o líquido sobordase no proceso de cociñado: ao ferver sairía polo vertedoiro central e volvería a caer no recipiente a través dos restantes buracos, impedindo que o líquido se derrame por fora do recipiente, cunha función semellante a un fervedoiro.
Sen título (CE005270/89)
Chave de tranca en forma de barra de sección cadrada que remata nun lado por dous ganchos en ángulo recto; o remate oposto non se conserva.
Funciona elevando cara arriba a barra da tranca que pechaba a porta pola parte traseira.
Sen título (CE005246/233)
Folla de bisagra formada por una lámina de forma rectangular e sección plana, fracturada na punta. Nun dos extremos ten un anel para engarzar mediante un vástago coa outra parte da bisagra e permitir o xiro. A placa ten tres perforacións e conserva un dos cravos de cabeza plana, para a suxeición á madeira, e un dos seus remaches.
Sen título (CE005227/190)
Ferradura case completa na que se aprecian claramente os orificios destinados á suxeición da peza. Nun destes orificios conserva o remache orixinal.
Sen título (DX0017/146)
Lámina de ferro con ambos extremos rematados en curva. Na parte central da peza presenta un orificio para a colocación dunha punta ou remache.
Sen título (DX1028/357)
Fragmentos de bordo, corpo e fondo que conformarían unha ola ou vaso piriforme de tamaño medio . Presenta un bordo cóncavo, co corpo piriforme e fondo plano cun lixeiro resalte de talón. No comezo do corpo está decorado con tres acanaladuras. A pasta e as superficies ocres, con manchas negras no exterior.
Sen título (DX0054/124)
Fragmento de disco dunha lucerna, de pasta de tonalidade alaranxada, está decorado cunha representación dunha figura humana, da que apreciamos a plasticidade da anatomía e os pregues das roupaxes, posiblemente a representación dun gladiador.
Sen título (DX0054/108)
Fusaiola de forma bitroncocónica simétrica. Pasta con presenza de mica, cocción oxidante e acabado alisado.
Sen título (DX0054/49)
Fragmentos de prato de cerámica común. Presenta unha parede oblicua e arqueada cara ao interior, un bordo engrosado e biselado.
Paxinación
- First page
- Páxina anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- Páxina Seguinte
- Last page
Machete robusto de superficie triangular e gume lixeiramente convexo.