Sen título (DX1028/32)
Copa troncocónica de terra sigillata itálica, con parede lixeiramente cóncava, bordo vertical convexo-cóncavo finamente moldurado e burilado, pertencente a unha variante da forma Consp. 22.
Sen título (CE005227/85)
Fusaiola de sección bitroncocónica; coa parte superior cóncava e a inferior convexa. Decorada a base de liñas formadas por cinco puncións de sección cadrada, e que a percorren por todo o bordo.
Sen título (DX1271/7)
Regatón de ferro de forma cónica e sección circular.
Sen título (DX1272/8)
Fíbula incompleta do tipo coñecido como en omega ou anular correspondente ao tipo B1 da clasificación de Fowler. A peza ten arco circular e remata en dous botóns esféricos decorados a base de aros concéntricos. Conserva a agulla que mide 2,8 cm.
Sen título (DX1272/6)
Fíbula incompleta do tipo coñecido como en omega ou anular correspondente ao tipo B1 da clasificación de Fowler. A peza ten arco circular e remata en dous botóns decorados mediante aros. Conserva fragmentada a agulla que mide 3,7 cm.
Sen título (DX1272/5)
Fíbula incompleta do tipo coñecido como en omega ou anular correspondente ao tipo B1 da clasificación de Fowler. A peza ten arco circular e non conserva os seus remates nos extremos que, polo xeral, consisten en botóns esféricos decorados a base de aneis. Conserva parte da agulla que mide 3,7 cm.
Sen título (DX1271/3)
Fíbula completa do tipo coñecido como en omega ou anular correspondente ao tipo B1 da clasificación de Fowler. A peza ten arco circular rematado nos seus extremos con sendos botóns esféricos decorados a base de aneis. Conserva a agulla que mide 4,4 cm.
Sen título (DX1272/1)
Anverso.- IMP TRAIANO AUG GER DAC PM TRP. Cabeza laureada de Traxano á dereita.
Reverso.- COS V PP SPQR OPTIMO PRINC. Exergo: DACIA CAPTA. Dacia sentada á dereira sobre un amontoamento de armas coas máns atadas por detrás.
Sen título (DX1271/2)
Anverso: IMP CAES DOMITIAN AVG GERM COS X. Cabeza laureada de Domiciano á dereita.
Reverso: IOVI [CONSERVAT] SC. Xúpiter de pé de fronte portando raios e cetro.
Paxinación
- First page
- Páxina anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- Páxina Seguinte
- Last page
Peza oca, bolsiforme, de tendencia esférica. Presenta dous apéndices laterais, curtos, rectos e simétricos que se proxectan desde o corpo principal como elemento de subxección do colgante, quizais por pinzamento a un vástago metálico.