Sen título (DX1231/166)

Sen título (DX1231/166)
Sen título (DX1231/166)
Comentario

Varios fragmentos (4) dun prato de cerámica común. Trátase do tipo 10 de Aquae ou prato engobado de bordo redondeado e fondo plano que pertence ao servizo de cociña.

Sen título (DX1231/159)

Sen título (DX1231/159)
Sen título (DX1231/159)
Comentario

Barra de sección cadrada de ferro. Doblada en ángulo recto nun dos extremos, a modo de gancho.

Sen título (CE005271/107)

Sen título (CE005271/107)
Sen título (CE005271/107)
Comentario

Fragmento de corpo de vasilla e presenta o arranque dos dous lados dunha asa de posición vertical e sección circular. Corpo decorado con estampillados no exterior cunha banda formada por círculos simples dos que penden unha especie de ovas rematadas na parte inferior con círculos de tres liñas, esta banda esta enmarcada entre liñas dobles de acanaladuras incisas horizontais.

Pasta marrón escura lixeiramente avermellada na parte externa e acastañada no interior, acabado máis groseiro na cara interna, desengraxantes micáceos medios e cuarzo.

Sen título (DX1231/143)

Sen título (DX1231/143)
Sen título (DX1231/143)
Comentario

Varios fragmentos (16) de bordo, corpo e fondo dun prato de cerámica bracarense imitación da forma Dragendorff 36, da forma 2. Decoración "á rodiña" propia deste tipo de cerámicas.

Sen título (DX1231/89)

Sen título (DX1231/89)
Sen título (DX1231/89)
Comentario

Fragmento de bordo dunha cunca de cerámica bracarense. Imita as formas da cerámica sigillata Dragendorff 24/25. Moldura biselada que separa ó bordo do resto do corpo con decoración "á rodiña".

Sen título (DX0044/91)

Sen título (DX0044/91)
Sen título (DX0044/91)
Comentario

Fusaiola bitroncocónica decorada nunha das caras con liñas incisas que se cruzan e que nalgunha parte chegan a formar unha retícula. O orificio central é conico, máis ancho na cara superior (8,4 mm.) que na inferior (4,3 mm.). Arredor do orificio superior leva a característica acanaladura cuircular incisa.

Pasta marrón crara, tonalidade lixeiramente avermellada.

Sen título (DX1242)

Sen título (DX1242)
Sen título (DX1242)
Comentario

Botón circular dourado, liso, convexo na cara principal e lixeiramente cóncavo no anverso do que sae unha barra perpendicular que remata nun pasador circular para suxeición.

Probablemente era usado para suxeitar os extremos do colo das camisas.