Sen título (DX1211/20)
Fragmento de disco de lucerna.
Sen título (DX1210/190)
Fragmento de bordo e parede dun gobelete de cerámica cincenta do Tipo 2. Trátase dunha forma de corpo ovoide con pasta dalle e superficie de cor gris crara e fina, e presenta o característico bordo curto e volto cara ó exterior. Non ten decoración, só se aprecia unha fina liña incisa.
Sen título (DX1210/140)
Varios fragmentos de bordo, parede e fondo pertencentes a un morteiro de cerámica común.
1. Tres fragmentos de bordo que pegan.
2. Un fragmento de bordo. Altura 3,6; anchura 7,6 e grosor 1,60-1,10 cm
3. Cinco fragmentos de fondo que pegan. Diámentro máximo 21; diámetro base 12,6 cm e grosor 0,9 cm
Sen título (DX1210/139)
Varios fragmentos (4) de bordo, parede e fondo pertencentes a unha oliña de cerámica común semiesférica con bordo aconcavado, decorado no labio por medio dunha banda ondulada que se repite no corpo enmarcada entre dúas acanaladuras. Fondo plano. Engobe de cor vermello no interior. Pasta de cor ocre con desengrasante de cuarzos e micas. No exterior mostra restos de feluxe.
Sen título (DX1210/98)
Dous fragmentos de parede e bordo pertencentes a unha Hisp. 4. Prato de parede curva e bordo plano horizontal que posúe decoración "á rodiña" delimitada por dúas ranuras, unha exterior e outra interior.
Sen título (DX1210/97)
Dous fragmentos dunha parede pertencente a unha cunca Drag. 27 con perfil en dos cuartos de círculo e labio pouco marcado.
Sen título (DX1210/92)
Fragmento de parede pertencente a un prato Drag. 15-17 con perfil moldurado e cuarto de círculo interior ancho e algo aplanado. Presenta pola parte exterior un grafito incompleto do que se poden distinguir claramente as seguintes letras: ..ALIIRIVAS, que poden facer referencia ó nomen e cognomen dalgún soldado: ...Valeri Vas(i).
Sen título (DX1210/86)
Catro fragmentos correspondentes ó colo e asa dun recipiente de cerámica bracarense. Forma 3 da cerámica lisa.
O fragmento siglado co nº 131 ten un grafiti: PA.
Sen título (DX0008/170)
Conxunto de seis fragmentos correspondentes ao bordo, parte superior do corpo e asa de unha cunca globular con corpo curvado convexo na súa zona superior, característico deste tipo de cuncas con deseño globular. O bordo exvasado, volto cara o exterior, engrosado e redondeado no lume. Conserva unha asa amorcillada, rematada na súa extremidade superior mediante un apéndice sobresaínte da embocadura en forma de media laranxa ou de medio círculo.
Paxinación
- First page
- Páxina anterior
- …
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- …
- Páxina Seguinte
- Last page
Varios fragmentos (11) dunha cunca de "terra sigillata" Drag. 27 con perfil de dous cuartos de círculo e labio marcado cara o exterior por unha pequena acanaladura. Pé alto de sección triangular. Pasta fina de cor rosado e verniz espeso de cor vermello brilante.