Sen título (DX1211/1)
Trátase dunha peza oca, de sección oval e paredes lixeiramente curvilíneas nos ombreiros, Na parte superior posúe unha argola circular e, ademais, aprézanse dous pequenos buratos. No seu interior consérvanse restos do sistema de fixación do badalo que tiña orixinalmente, ben fabricado en bronce, como a propia campaíña, ou en ferro, como tamén acontece en outros obxectos similares. O badalo debeu pendurar dun anel. Na época romana, a campaíña coñecíase có nome de "tintinabulum".
Sen título (CE005836/44)
Cravo de ferro coa cabeza cadrada. A súa barra remata en punta e ten sección cuadrangular.
Sen título (CE005836/41)
Cravo de ferro coa cabeza cadrada. A súa barra remata en punta e ten sección cuadrangular.
Sen título (DX1207/190)
Xerra de cerámica común partida en fragmentos.
Sen título (DX1207/188)
Fragmento de vidro trabslúcido correspondente ao arrinque dun pé tubular. Podería corresponder a un vaso pequeno.
Sen título (DX1215/6)
A peza consta dunha parte superior ou cabeza en forma de campá invertida seguida da decoración de tres molduriñas. O corpo do alfilnete é liso, ten sección cadrada e vaise estreirando cara á punta.
Sen título (DX1215/4)
Peza de forma amorcillada, oca. Presenta dous apéndices laterais curtos, que se proxectan dende o corpo principal como elemento de suxección do colgante, quizais por pinzamento a un vástago metálico.
Sen título (DX1207/176)
Fragmento de pasta vítrea correspondente a unha conta de colar de cor azulado. Posúe unha sinxela decoración a base de estrías e amosa unha factura algo irregular. Na última fase do proceso de fabricación foi rematada ao lume para eliminar impurezas, por este motivo unhas partes brillan mais cás outras. Na súa cara interior distínguese o negativo do soporte no cal se apoiou a peza para a súa elaboración.
Sen título (DX1207/175)
Conta de colar en pasta vítrea de cor verdosa que posúe unha sinxela decoración a base de estrías e amosa unha factura algo irregular.
Paxinación
- First page
- Páxina anterior
- …
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- …
- Páxina Seguinte
- Last page
Cinco fragmentos soltos pertencentes á mesma vasilla.
Un gran fragmento de corpo e boca -formado por seis anacos pegados- que casa con outro solto. Boca con labio exvasado,engrosado e redondeado; bordo aristado cunha cara lixeiramente cóncava no interior. Na cara externa leva un cordón de sección redondeada. Pasta marrón crara, tonalidade avermellada no exterior e grisácea no interior. Abundantes desgrasantes micáceos e cuarzo.
As medidas do fondo corresponden aos dous fragmentos que casan, o diámetro da boca tómase do debuxo de escavación.