Sen título (CE005232/98)
Vaso de boca con labio engrosado e biselado, corpo cilíndrico lixeiramente cóncavo na cara exterior e decoración con grecas de acanaladuras incisas horizontais nun esquema de alternancia 2-1-2-2-1-2. A base, de fondo plano, aparece perforada con buracos que atravesan completamente a placa e que parecen formar liñas radiais desde o centro cara ao exterior.
Pasta de cor marrón acastañada e tonalidades descontinuas, labio de tono negruzco e restos de feluxe, tanto no interior coma no exterior do corpo da peza. Presenta un acabado brunido, así como restos de desengraxantes micáceos.
Sen título (CE005232/64)
Fragmentos de boca e corpo dunha pequena ola. Labio exvasado continuo e arranque de corpo esférico, paredes finas (grosor 3-4 mm.). Pasta marrón escura, ennegrecida no exterior polas adherencias de queimado, brunido. Cinco dos fragmentos están pegados e un dos fragmentos soltos encaixa na boca. Un fragmento corresponde a asa vertical de sección lixeiramente acanalada (medidas da asa: altura 3,7 cm., anchura 2,2 cm.) que arranca do borde da peza.
Tres fragmentos soltos, dous do corpo e un da base de fondo plano e pé recto.
Sen título (CE005232/33)
Fragmento de pasta marrón escura, gris case negro no exterior polo efecto do lume, con degrasantes micáceos, forma semicircular -de orella- coa parte superior engrosada e unha perforación circular no centro.
Pertence a un "caharro con asas de orella" -"ola de orella perforada", asas sobrelevadas en orelha", "asa en orejeta", "asas lobulares de oreja perforadas"- que eran pezas de mediano tamaño, colo curto e corpo globular; estas asas son unha prolongación do bordo, a modo de orella e que aparecen en parella enfrontadas unha a outra. O engrosamento do seu bordo superior é para que resistisen o peso do cacharro xa que estarían suspendidas sobre o lume.
Sen título (CE005219/42)
Seis fragmentos unidos e outro solto, que casa cos anteriores, correspondentes a un vaso cilíndrico "Tipo San Cibrán de Lás", de bordo recto e corpo de grosas paredes. Presenta unha rica decoración a base de estampillados e liñas incisas combinando espazos decorados con outros lisos.
Decoración estampillada, da parte superior á inferior: banda de cadrados, serpentiformes, espazo liso, ondulacións, dúas liñas horizontais incisas, espazo liso, tres liñas horizontais incisas, serpentiformes.
Pasta gris cremosa con desengraxantes de mica e area de cuarzo.
Sen título (DX0896/15)
Fusaiola de forma bitroncocónica que presenta umbo central. O diámetro da
perforación é de 0,4 cm. A cor da superficie é parda con desgrasantes finos de cuarzo e mica.
Sen título (DX0898/13)
Pé de muíño de granito (meta). A parte activa e regular e está puída. Presentando unha protuberancia central desgastada con perforación mesal. A outra cara é totalmente irregular, aínda que a medida do grosor sexa real. É moi irregular e presenta diversas fracturas.
Sen título (DX0898/12)
Bitroncocónica decorada con setes liñas e seis perforacións.
Sen título (CE005246/100)
Fragmento do bordo e parte superior do corpo dun prato pouco profundo en "arco de círculo", tipo Isings 116 b, tendo en conta o seu perfil segmentado. Presenta bordo curvado ou en "S", con labio de aresta viva lixeiramente puído a torno. O corpo é lixeiramente curvado convexo, o que lle dá unha característica forma en "calota esférica". Os motivos decorativos redúcense a dúas franxas esmeriladas, unha no bordo e outra na parte superior do corpo.
Sen título (DX0008/165)
Vaso reconstruído a partir de 12 fragmentos que corresponden ao bordo, corpo e base dun vaso lixeiramente cónico. Bordo exvasado, en disposición oblícua, lixeiramente cóncavo e de arista viva. Corpo lixeiramente ovoide na súa maior parte, próximo á base e a través dunha carena, adquire un deseño cónico. Base lixeiramente cóncava e cun engrosamento coincidindo co punto de apeo do vaso.
Decoración a base de oito franxas de liñas esmeriladas dispostas en tres agrupacións de dúas franxas.
Paxinación
- First page
- Páxina anterior
- …
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- …
- Páxina Seguinte
- Last page
Muiño circular de man circular composto de dous rodas pétreas, encaixadas entre si por planos inclinados e unidas mediante un eixe. A pedra situada na parte superior (catillus), presenta unha cara cóncava, que encaixa na inferior, a cal é fixa e convexa. O encaixe perfecto entre a pedra superior, con función activa, e a pedra inferior, con función pasiva, permitía, unha vez introducido o gran directamente polo oco central do muiño, unha maior eficiencia na súa función ao acadar un movemento continuo nunha dirección.
Foi atopado nunha estancia do castro asociado a unhas olas de almacenaxe para gran.