Sen título (DX1184)
Peza composta por dúas partes diferenciadas que teñen a súa ensamblaxe nunha acusada liña de carenado cara a metade da súa altura. A parte inferior combina o carácter esferoidal da base cun corpo tendente a cilíndrico, mentres que a superior defínese nunha ampla concavidade, formada pola parte superior do corpo, o colo e o bordo, donde a liña da evolución das paredes é moi discontinua. Presenta un asa de sección plana que va dende a carena ao colo, sin chegar ao remate superior do vaso. As superficies son lisas e o acabado coidado.
Sen título (CE004174/84)
Anverso: TI.CAESAR.DIVI. AVG.F.AVGVSTVS.
Cabeza laureada de Tiberio á dereita.
Reverso: Touro parado á dereita. Diante: II VIR. Detrás: M.C.I. Enriba: G.CELERE. Debaixo: G.RECTO.
Sen título (CE004174/80)
Anverso: AVGVSTVS DIVI F.
Cabeza de Augusto á dereita.
Reverso: Touro parado á dereita. Enriba: L.SVRA. Debaixo: L.BVCCO. Diante: II VIR. Detrás, C .V. I .CEL.
Sen título (CE005224/10)
Perpiaño ben escadrado, posiblemente cadrado ou rectangular. Decorado, nunha das súas caras cunha roda de seis raios curvos en sentido sinistrorso; un destes raios retórcese ata chegar a un novo centro do que tan só saen dous raios. Temos pois tres centros concatenados de tal xeito que de cada un deles saen outros dous raios paralelos que irían na procura duns novos centros; pero, agás dous deles, os restantes desaparecen na crebadura da pedra.
Estamos diante dun motivo complicado e pouco usual na gramática decorativa castrexa.
Sen título (DX1028/19)
Conxunto de seis doas polícromas de tipo esférico ou en tambor con decoración aplicada en forma de ollos protuberantes e estratificados, en cor azul escura e branca sobre fondo verde azulado.
Dimensións:
Nº 1.- diámetro 1,6 x 1,3 cm
Nº 2.- diámetro 1,6 x 1,12 cm
Nº 3.- diámetro 1,3 x 1,10 cm
Nº 4.- diámetro 1,6 x 1,07 cm
Nº 5.- diámetro 1,17 x 1,2 cm
Nº 6.- diámetro 1,5 x 1,2 cm
Sen título (DX0020/13)
Peza de forma oval coa cara inferior cóncava e a superior convexa realizada en pasta vítrea translúcida de cor acastañada. Presenta dúas pequenas amosegas de perda de materia nos laterais.
Sen título (CE005227/78)
Fragmento dun posible friso de coidada execución e reminiscencias clásicas decorado cun motivo de meandro ondulado, formado por un baquetón liso, que parece continuarse a ámbolos dous lados, definindo unha sucesión concatenada do dito motivo. Os espazos exteriores presentan unha ornamentación de triángulos equiláteros rebaixados, de base recta e lados convexos para adaptarse á disposición do motivo principal.
Sen título (DX0897/3)
Fragmento de bronce probablemente pertencente ó borde dunha sítula. Decoración xeométrica distribuída en bandas horizontais. De arriba abaixo: unha primeira liña de sogueado seguida dunha banda de entrelazados con esferas centrais, a continuación dúas liñas de sogueado separadas por unha fila de esferas diminutas e, por último, unha franxa lisa.
Sen título (DX0897/1)
Puñal de antenas con empuñadura de bronce e folla de ferro. A folla, triangular, sen escotes na súa base e con nervio central, hoxe apenas perceptible dada a súa oxidación, articúlase coa empuñadura mediante unha vástago pasante. Este, fundido en bronce é de corpo cilíndrico, e abraza a folla mediante sendas gornicións curvas, decoradas nos seus extremos. Unha moldura anular, formada por cinco molduras, dúas delas con sogueado, destaca na zona central da empuñadura, e dous menos pronunciadas en ambos os dous extremos. Fáltanlle as antenas e o remate central.
Paxinación
- First page
- Páxina anterior
- …
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- …
- Páxina Seguinte
- Last page
Machado de cubo que presenta un fío dunha anchura máxima de 8 cm. Nunha das súas caras ten un orificio de forma triangular que comunica co orificio en forma de cubo da zona de enmangue. A parte de enmangue mide 2,6x3,2 cm. e o orificio que presenta é de 2,4x1,7 cm.