Sen título (CE005208/115)
Fragmento de asa de vaso carenado, tipo Alpiarça. O colo é recto, cunha marcada carena na panza.Na carena presenta unha asa , mamilar, tipo fuciño de porco, con dous orificios verticais, de 3 mm, para a suspensión. A pasta é de cor roxiza, coas superficies castañas e alisadas. Desengordurantes micáceos e de cuarzo.
Sen título (CE005214/9)
Fragmento de colo e ombro dunha ola. Está decorada no colo cunha serie de liñas incisas verticais, seguidas de acanaladuras, compostas por tres liñas horizontais, que separan unha franxa metopada formada con liñas verticais e outras en zigzag que forman triángulos. Ten unha asa fracturada no ombro. A pasta é de cor marrón e a superficie alisada e bruñida.
Sen título (CE005840/21)
Anverso: IMP CAES NERVAE TRAIANO AVG GER DAC PM TRP COS V PP
Busto con cabeza laureada de Traxano á dereita.
Reverso: S.P.Q.R. OPTIMO PRINCIPI S.C.
Abundancia de pé á esquerda portando espigas de trigo e cornucopia, nos pés un modius e a proa ("rostrum") dun barco.
Sen título (CE006282/1)
Fragmento dun axitador do que só se conserva unha extremidade e un sector do corpo en forma de espiral, aínda que logo puído todo ao lume. Na parte superior da extremidade conserva unha impronta moi superficial coas letras, VIX.
Sen título (CE006284)
Oliña de pequenas dimensións. De forma seimesférica e fondo plano. Presenta na ombreira catro acanaladuras paralelas que marcan o incio do corpo.
Sen título (DX1028/16)
Xerra/ola biansada de perfil sinuoso desenvolto e colo troncocónico. O corpo é carenado e descansa sobre unha base plana cun pequeno resalte de talón o que lle proporciona unha singular morfoloxía. Está realizada nunha pasta laranxa clara, cuberta, a excepción do fondo, por un engobe brillante nun ton máis escuro.
Sen título (DX1028/15)
Vaso de bordo cóncavo, corpo piriforme e base plana. Presenta decoración de varias acanaladuras na zona de transición do pescozo ao corpo. A base é lisa e estreita en contraposición ao corpo de ampla forma. A pasta de tonalidade ocre ten un acabado de aspecto metalizado e brillante produto do pulimento ao que se sometía a peza atendendo á súa funcionalidade e aspecto decorativo.
Sen título (DX1028/14)
Ola de bordo flexionado, exvasado e oblicuo, de labio redondeado, perfil sinuoso e achaparrado. Presenta unha asa plana con depresión central, que arrinca do beizo e remata na zona de maior diámetro.
Está feita cunha pasta de coloración gris-escura, e está decorada, na zona media do corpo, por un motivo plástico composto por dúas molduras perimetrais horizontais.
Sen título (DX1028/13)
Ola de corpo globular, de bordo facetado, labio exvasado e redondeado, fondo plano e sen resalte de talón.
Presenta unha decoración básica de dous cordóns de sección triangular que contribúen a reforzar a peza. A superficie exterior é moi fina e alisada, o que lle proporciona un acabado brillante.
Presenta restos de feluxe adheridos á súa parede exterior.
Paxinación
- First page
- Páxina anterior
- …
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- …
- Páxina Seguinte
- Last page
Vaso cilíndrico, "Tipo San Cibrán de Las", con perfil cóncavo flexionado. Labio exvasado, facetado e indefinido polo exterior e pregadura con faceta horizontal polo interior. Asa vertical cilíndrica a media altura. Fondo plano con transición en ángulo e aristada por fóra e redondeada por dentro.
O seu esquema decorativo ocupa toda a superficie da vasilla e está formado por motivos estampillados de aspas, dobres "uves" contrapostas e pequenos círculos, compoñendo tres bandas horizontais e paralelas intercaladas con intervalos lisos.
Pasta de textura media e coloración discontinua entre o castaño e o gris case negro. Superficies alisadas, suavizada e uniforme a exterior, avultada e coas marcas dos rolos de arxila ao interior.
Asa: Altura 15,5; anchura 2 e grosor 1,8 cm