Sen título (CE005246/95)

Sen título (CE005246/95)
Sen título (CE005246/95)
Comentario

Conxunto de dezaoito fragmentos dunha fonte de terra sigillata africana D1, Hayes 59 B, realizada cunha pasta moi fina de cor laranxa e cun engobe con exceso de álcalis o que provoca certa vitrificación. O corpo é de parede baixa, lixeiramente curvada e lisa; o bordo é horizontal e ancho e está decorado por unha banda levemente resaltada e por unha acanaladura. O fondo é plano e está decorado con tres liñas concéntricas moi suaves, que dividen o fondo en tres sectores A superficie externa presenta unha acanaladura suave ao comezo da curvatura, característica neste tipo de fontes.