Fondo de lucerna de canal cerrado co selo do coñecido ceramista FORTIS (Lucius Aemilius Fortis) con letras en relevo.
Base plana, con tres molduras incisas, non perfectas, que delimitan un fondo plano no que se observa, en relevo, o selo.
Restos de engobe do mesmo tipo que a pasta observables na parte do fondo e, practicamente en todo o reservatorio, tal vez co fin de alisar a peza.
Pasta do tipo 1 da clasificación de Rodríguez Colmenero e Ferrer Sierra, en barro Siena N-39 e engobe N-37. Pasta moi dura, ben decantada sen granulometría observable, a excepción do feldespato. Pequena manchas negras na pasta, que deben corresponder a partículas de orixe vexetal.
Hai que destacar a presenza de unha marca "O" no inicio do canal tubular que tal vez haxa que por en relación con algun contrasinal ou marca de taller ou oficina.

Forma DL (Dressel-Lamboglia) 5b e Loeschke IX.