Sen título (DX0003/3)

Sen título (DX0003/3)
Sen título (DX0003/3)
Comentario

A morfoloxía xeral da peza é apuntada, triangular, con sección planoconvexa (un dos planos presenta a crista no eixo de simetría) e un índice de grosor espeso. A parte correspondente ao corpo é lixeiramente alongado, o ápice acentuado e os lados converxentes amosan unha delineación de tendencia recta pero con certa asimetría con respecto ao eixo lonxitudinal da peza. A base é de tipo curta con morfoloxía triangular (escaleno) asimétrica e delineación convexa. Con respecto ao retoque, este sitúase no corpo da peza, nos laterais distais e proximais; a súa forma é rectilínea irregular, con amplitude profunda, delineación denticulada simple, dirección bifacial, modo planoconvexo e morfoloxía parella.

En relación ao soporte a partir do que foi tallada a punta de frecha, este descoñécese, pois non se aprecian restos da lámina ou lasca orixinal, tampouco conserva restos de córtex. Finalmente engadir que a materia prima é incolora e de brillo vítreo.

Índices: de lonxitude: 1.8 (media); de lonxitude da base: 4.6 (curta); de grosor: 2.9 (grosa).

Sen título (DX0003/2)

Sen título (DX0003/2)
Sen título (DX0003/2)
Comentario

A morfoloxía xeral da peza é apuntada, triangular, con sección planoconvexa (un dos planos presenta a crista no eixo de simetría) e de espesura abatida. A parte correspondente ao corpo é de tipo semicurto, o ápice acentuado e os lados converxentes amosan unha delineación de tendencia recta pero con certa asimetría con respecto ao eixo lonxitudinal da peza. A base é de tipo curta, de delineación convexa e presenta fracturado un dos extremos laterais. No que atinxe ao retoque, este sitúase nas zonas laterais distais e nalgúns trazos da base; a súa forma é rectilínea irregular (sendo sinuosa no lado dereito), con amplitude profunda, delineación denticulada simple, dirección bifacial, modo planoconvexo e morfoloxía parella.

Con respecto ao soporte a partir do que foi elaborada a punta de frecha, este descoñécese, pois non se aprecian restos da lámina ou lasca orixinal, tampouco conserva restos de córtex. Finalmente engadir que a materia prima é incolora e de brillo vítreo. Índices: de lonxitude: 1.6 (media); de lonxitude da base: 4.5 (curta); de grosor: 3.2 (grosa).

Sen título (DX0003/1)

Sen título (DX0003/1)
Sen título (DX0003/1)
Comentario

A morfoloxía xeral da peza é apuntada, triangular, con sección planoconvexa e cun índice de grosor "alteado". A parte correspondente ao corpo é de tipo curto, amosando uns lados de delineación recta e un ápice moi pronunciado, cunha posible microfractura. A base é tamén de tipo curta e de delineación convexa. No que atinxe ao retoque, este sitúase nas zonas laterais distais, é rectilíneo profundo e amosa unha amplitude invasora, dirección bifacial, delineación continua e unha orientación lateral.

Con respecto ao soporte a partir do que foi elaborada a punta de frecha, este descoñécese, pois non se aprecian restos da lámina ou lasca orixinal, tampouco conserva restos de córtex. Finalmente engadir que a materia prima é incolora e de brillo vítreo. Índices: de lonxitude: 1.3 (media); de lonxitude da base: 6.2 (curta); de grosor: 3.8 (grosa).

Sen título (CE005214/5)

Sen título (CE005214/5)
Sen título (CE005214/5)
Comentario

Ola de forma globular. O bordo é exvasado co labio redondeado.No corpo presenta tres acanaladuras horizontais que enmarcan tres cenefas de eses, de trazo simple, estampilladas; a do medio está composta por grupos de seis eses separadas por espazos valeiros. Ten dúas asas, unha reconstruida, de sección en cinta. A pasta é de cor marrón. As superficies están alisadas. Está reconstruída na súa maior parte.

(Asa: altura 4,60; anchura 2,90 e grosor 0,80 cm).

Sen título (DX0878/7)

Sen título (DX0878/7)
Sen título (DX0878/7)
Comentario

Cravo de cabeza e vástago de sección cadrados do cal se desprenderon algúns fragmentos informes

Sen título (DX0878/1)

Sen título (DX0878/1)
Sen título (DX0878/1)
Comentario

Doa gallonada en cor azul cobalto, de catorce nervios en pasta vítrea. Foi aplastada nos estremos, polo que ofrece un excesivo abrasamento dos bordes planos. O propio efecto da presión tivo como consecuencia ese aplastamento e que os nervios cedesen ao empuxe, estando algún deles ladeado e dous unidos. Incipiente picado e algunha burbulla, algunha delas rota.

Sen título (DX0014/3)

Sen título (DX0014/3)
Sen título (DX0014/3)
Comentario

Tapadeira de corpo convexo cun borde lixeiramente volto ó exterior e un pomo con forma de anel na súa parte superior.

Sen título (DX0014/1)

Sen título (DX0014/1)
Sen título (DX0014/1)
Comentario

Cunca carenada con bordo a xeito de viseira, moi exvasado, horizontal -o que tamén facilitaría a súa cuberta cunha tapadeira-, que traspasa claramente a amplitude máxima do corpo de dita peza, cun beizo convexo. Presenta ademais un cordón dixitado baixo o bordo en toda a súa extensión como gramática decorativa máis singular, se ben a propia carena aparece tamén enmarcada por dúas acanaladuras moi superficiais que delimitan o sector medio da peza. O fondo xa non se conservaba pero pola curvatura do seu corpo cabe sospeitar un fondo plano e amplo. A súa pasta é de cor ocre e na parte superior do bordo e no interior do corpo presenta aínda restos dun engobe moi diluído ou agoada de cor ocre amarronado. Non presenta tampouco evidencias superficiais de carbonización.

Sen título (DX0062/20)

Sen título (DX0062/20)
Sen título (DX0062/20)
Comentario

Conxunto de fragmentos que ofrecen o perfil completo dunha gran cunca de Terra Sigillata Hispánica, Drag 29, de estilo metopado. As metopas aparecen separadas por liñas onduladas e bifoliáceas e nelas represéntase a Mercurio con bastón, á Loba con Rómulo e Remo, a un can sobre un cervo e a tres figuras femininas portando unha cornucopia na man esquerda.

Sen título (DX0008/157)

Sen título (DX0008/157)
Sen título (DX0008/157)
Comentario

Xerra reconstruída a partiir de 12 fragmentos, de labio exvasado, bordo redondeado e colo pouco pronunciado e oblicuo. Corpo é lixeiramente periforme e decorado con dúas liñas incisas á altura do ombro. Conserva parte do arrinque dunha asa de cinta.