Sen título (CE005349/8)

Sen título (CE005349/8)
Sen título (CE005349/8)
Comentario

Fragmento de bordo dun recipiente aberto con perfil semicóncavo e paredes semigrosas. O beizo é apuntado e convexo. A pasta permite observar unha textura semicompacta, homoxénea, con presenza de desgraxantes finos/medios, e de cores ocre, granate -oxidación- e cincenta. A superficie interior é semilisa, namentres que a exterior é semigroseira -con alteración postdeposicional, rolada- e amosa unha coloración irregular con tonalidades ocres e granates, namentres que no exterior os ton son cincentos e ocre-alaranxados. A decoración é pouco perceptible salvo por uns lenes trazos de liñas oblicuas e acoutadas por un trazo paralelo ó beizo. Pertence á mesma vasilla que o fragmento nº 1 da serie (Nº Invent. CE005349/9)