Sen título (CE006284)
Oliña de pequenas dimensións. De forma seimesférica e fondo plano. Presenta na ombreira catro acanaladuras paralelas que marcan o incio do corpo.
Sen título (DX1028/16)
Xerra/ola biansada de perfil sinuoso desenvolto e colo troncocónico. O corpo é carenado e descansa sobre unha base plana cun pequeno resalte de talón o que lle proporciona unha singular morfoloxía. Está realizada nunha pasta laranxa clara, cuberta, a excepción do fondo, por un engobe brillante nun ton máis escuro.
Sen título (DX1028/15)
Vaso de bordo cóncavo, corpo piriforme e base plana. Presenta decoración de varias acanaladuras na zona de transición do pescozo ao corpo. A base é lisa e estreita en contraposición ao corpo de ampla forma. A pasta de tonalidade ocre ten un acabado de aspecto metalizado e brillante produto do pulimento ao que se sometía a peza atendendo á súa funcionalidade e aspecto decorativo.
Sen título (DX1028/14)
Ola de bordo flexionado, exvasado e oblicuo, de labio redondeado, perfil sinuoso e achaparrado. Presenta unha asa plana con depresión central, que arrinca do beizo e remata na zona de maior diámetro.
Está feita cunha pasta de coloración gris-escura, e está decorada, na zona media do corpo, por un motivo plástico composto por dúas molduras perimetrais horizontais.
Sen título (DX1028/13)
Ola de corpo globular, de bordo facetado, labio exvasado e redondeado, fondo plano e sen resalte de talón.
Presenta unha decoración básica de dous cordóns de sección triangular que contribúen a reforzar a peza. A superficie exterior é moi fina e alisada, o que lle proporciona un acabado brillante.
Presenta restos de feluxe adheridos á súa parede exterior.
Sen título (CE005841/24)
Chave ("clavis") que presenta un paletón en forma de L. A tixa ten unha perforación circular no extremo oposto ao paletón.
Sen título (CE005193/35)
Prato de terra sigillata con sigillum indescifrable. Na súa superficie externa conserva un graffiti, cuxa inscrición é SNS.
Sen título (CE005189/1)
Campaíña de forma piramidal e sección rectangular rematada en catro apéndices de forma redondeada nas esquinas da base. Na parte superior presenta anel de suspensión. Conserva o badalo de ferro, formando masa no interior da peza.
Camafeo "de imitación" das Burgas ou da Casa dos Fornos
O motivo decorativo desta peza, que representa a escena do baño de Venus-Afrodita, é netamente helenístico. A deusa aparece espida, de perfil á dereita da composición, co cabelo recollido nun moño alto, o brazo esquerdo apoiado sobre unha rocha na que repousa o seu manto, mentres coa man dereita descalza un dos seus pés, preparada para o baño. Á súa esquerda, a figura da serventa sostén un recipiente desde o que verte a auga que servirá para o baño da deusa sobre unha bañeira globular de tres pés.
Paxinación
- First page
- Páxina anterior
- …
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- …
- Páxina Seguinte
- Last page
Fragmento dun axitador do que só se conserva unha extremidade e un sector do corpo en forma de espiral, aínda que logo puído todo ao lume. Na parte superior da extremidade conserva unha impronta moi superficial coas letras, VIX.