Sen título (DX0008/155)
Gran ola, moi deformada e reconstruída a partir de 27 fragmentos, de boca oval, labio exvasado e facetado e bordo lixeiramente biselado; o corpo é globular.
Sen título (DX0008/153)
Xerra de cerámica común reconstruída a partir de 54 fragmentos, de corpo ovoide, colo cilíndrico, labio exvasado discontinuo e bordo redondeado. O pé é recto, pequeno e destacado. Asa vertical de cinta. Esta decorada por lixeiras liñas paralelas.
Sen título (DX0008/152)
Prato-fonte reconstruída a partir de 7 fragmentos. A peza é de bordo exvasado e galbo convexo ao exterior. A base-fondo é lixeiramente cóncavo.
Sen título (DX0008/151)
Xerra reconstruída a partir de 6 fragmentos. A peza ten boca circular, labio exvasado, bordo redondeado e colo pouco pronunciado. Galbo lixeiramente globular. A asa de cinta parte do bordo e morre na metade do galbo.
Sen título (DX0008/150)
Ola reconstruída a partir de 18 fragmentos. A peza ten o colo curto e exvasado e o bordo redondeado. Corpo ovoide; carece de base/fondo.
Sen título (DX0008/149)
Gran ola reconstruída a partir de 19 fragmentos. A peza é de labio exvasada e cunha pequena inflexión para asentar unha tapadeira; o bordo é redondeado e colo curto, lixeiramente oblicuo ao exterior. Corpo ovoide. Pegadas de vexetais ao exterior.
Sen título (DX0008/148)
Cunca recunstruída a partir dun fragmento. O seu labio é invasado e redondeado. Corpo convexo.
Sen título (DX0008/147)
Prato reconstruído a partir de tres fragmentos. O seu labio é lixeiramente invasado e descontinuo. Paredes rectas e fondo plano.
Sen título (DX0008/146)
Sete fragmentos que compoñen o perfil dunha ola globular, de labio lixeiramente exvasado e bordo redondeado.
Paxinación
- First page
- Páxina anterior
- …
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- …
- Páxina Seguinte
- Last page
Cántaro de bordo moldurado, colo cilíndrico e pronunciado, bordo exvasado e levemente colgante cunha liña incisa perimetral na e corpo ovoide. Ten dúas asas en cinta, levemente bilobuladas, que parten do colo, inmediatamente debaixo do bordo, e enlazan coa parte alta do corpo.As asas son curtas, de cinta e presentan pegadas dixitais nos extremos.