Sen título (CE004134/2)

Sen título (CE004134/2)
Sen título (CE004134/2)
Comentario

Podón ("falx") de ferro que conserva restos do seu mango, fabricado con madeira, ao cal fixábase mediante tres remaches. Dado o seu mal estado de conservación non se pode ser máis preciso na descripción ata que se produza a súa restauración.

Sen título (DX0044/26)

Sen título (DX0044/26)
Sen título (DX0044/26)
Comentario

Ola de tamaño medio e forma globular, con certa tendencia piriforme; é dicir, que o punto máis amplo da barriga se localiza na parte media/baixa.. O bordo é exvasado, facetado e lixeiramente cóncavo, cun labio redondeado. O fondo é plano, como é propio deste tipo. Conserva o arrinque dunha asa de cinta que une o labio coa parte media da barriga. A asa reintegrouse cuns leves rebordos laterais e unha depresión central, características que aparecen frecuentemente nesta forma. O acabamento exterior é un simple alisamento, bastante perdido xa, debido ao uso da peza, quizais en tarefas relacionadas co procesado e consumo de alimentos.

(Asa: altura 6,3; anchura 3,2 e grosor 0,4 cm).

Sen título (DX1005/8)

Sen título (DX1005/8)
Sen título (DX1005/8)
Comentario

Cunca de base anular, fondo plano e bordo horizontal. Presenta decoración cara o exterior e interior. No exterior conserva restos do que podemos identificar con motivos vexetais estilizados en azul e perfilados en morado. No interior, no centro, está decorada por un cervo rodeado de motivos vexetais e unha bolboreta, realizados con tres cores: azul, raiado laranxa e morado, para os contornos das figuras. Todo iso enmarcado por unha orla tricolor de motivos xeométricos que ocupa todo o bordo da peza.

Sen título (DX0008/139)

Sen título (DX0008/139)
Sen título (DX0008/139)
Comentario

Ola de gran tamaño reconstruída a partir de 183 fragmentos. O seu colo é pronunciado e curto, o labio facetado e o bordo redondeado. Corpo oval e asas curtas e de cinta. Decorada a altura do ombro cunha franxa de 15 mm de ancho con 3 baquetóns de sección trapezoidal e dobre incisión. A base-fondo é plana.

Sen título (DX1029/421)

Sen título (DX1029/421)
Sen título (DX1029/421)
Comentario

Ola de pequenas dimensións de fondo plano, corpo globular e bordo esvasado de beizo redondeado. Superficie exterior bruñida.

Sen título (DX1029/420)

Sen título (DX1029/420)
Sen título (DX1029/420)
Comentario

Ola de medianas dimensións, corpo globular, fondo plano, colo recto e borde esvasado con beizo redondeado. Superficie externa bruñida.

Sen título (CE005835/3)

Sen título (CE005835/3)
Sen título (CE005835/3)
Comentario

Fragmento de lucerna de canal aberto Dressel?-Lamboglia 5C y Loeschcke IX. Conserva parte da piqueira, con orificio de iluminación e parte do reservatorio e a base con tres molduras e o selo COMVNI, pertencente ao obradoiro do oleiro Communis.

Sen título (DX1029/254)

Sen título (DX1029/254)
Sen título (DX1029/254)
Comentario

Fíbula completa de arco semicircular cun suco lonxitudinal tanto ao exterior como ao interior. A cabeza forma un aro aberto que encaixa no traveseiro. Este é fusiforme, de sección circular e presenta unha plaquiña lonxitudinal moldurada na parte interna e un eixo independente que atravesa o interior e a cabeza da fíbula. A agulla vai fixada por baixo do elemento de unión, desprazada nun dos lados. O pé é ancho e firme, e mostra a goteira lateral para encaixe da agulla. Apéndice caudal elevado, rematado nun botón troncocónico.

Acubillo de moedas romanas de prata. Antonianos

Acubillo de moedas romanas de prata. Antonianos
Acubillo de moedas romanas de prata. Antonianos
Comentario

Vaso piriforme de paredes relativamente finas e de colo pouco pronunciado reconstruído a partir de 14 fragmentos. A súa superficie exterior é de cor ocre alaranxado por efecto do brunido ao que foi sometida a peza. Mostra restos de bandas vermellas pintadas a pincel, nas zonas superior e inferior do corpo (moi degradadas e só observables co binocular)