Sen título (DX0017/56)

Sen título (DX0017/56)
Sen título (DX0017/56)
Comentario

Fusaiola plana feita a partir dun fragmento de corpo dun recipiente cerámico castrexo, feito á man e con cocción redutora.

Sen título (DX0054/1)

Sen título (DX0054/1)
Sen título (DX0054/1)
Comentario

Oliña galaicorromana de tradición castrexa co corpo de perfil globular, bordo exvasado e colo cilíndrico desenvolto, suavemente cóncavo ao exterior e base plana. Está decorada con gaiones e con acanaladuras pouco profundas e por cadrados pequenos, na zona do ombreiro.

Sen título (CE005246/79)

Sen título (CE005246/79)
Sen título (CE005246/79)
Comentario

Pondus parcialmente fragmentado, de sección ovalada e forma case rectangular aplanada. O buraco que traspasa a parede está practicado perforando a parede polo lado máis ancho. A pasta é ocre-claro e nela abundan as areas de cuarzo de calibre medio e groso.

Sen título (CE005231/46)

Sen título (CE005231/46)
Sen título (CE005231/46)
Comentario

Conxunto de tres pondera ou pesos de tear, de formas troncopiramidal e prismática, con orificio para suspensión na parte superior.

(Peza 2: altura 10,60, anchura máxima 4,60, anchura mínima 2,10, grosor máximo 4,50, grosor mínimo 2,40 cm e peso 246,6 gr).

(Peza 3: altura12,8, anchura máxima 5,7, anchura mínima 2,20, grosor máximo 5,9, grosor mínimo 2,10 cm e peso 452,9 gr).

Sen título (CE005246/78)

Sen título (CE005246/78)
Sen título (CE005246/78)
Comentario

Prato liso de terra sigillata sudgálica Drag. 18 de bordo exvasado, labio redondeado e marcado no exterior. Presenta unha base lixeiramente cóncava co pé anular en coroa e omphalo central, que acolle o sigillum co nome do oleiro perfectamente conservado: CRESTIO. A pasta é moi fina, compacta, con poucos desgraxantes e engobada en cor vermella, brillante e compacta.

Sen título (CE005246/77)

Sen título (CE005246/77)
Sen título (CE005246/77)
Comentario

Prato liso de terra sigillata sudgálica da forma Drag. 18, de parede lixeiramente curvada e aberta. O pé é alto, anular e de sección rectangular. No centro da peza, dentro dunha cartela rectangular cos extremos redondeados, presenta o sigillum ou selo OFVITA, relativo ao ceramista VITALIS.

Sen título (DX0017/55)

Sen título (DX0017/55)
Sen título (DX0017/55)
Comentario

Prato de terra sigillata hispánica, da forma lisa 15/17, de parede oblicua, labio redondeado e pé anular baixo. Presenta a característica moldura en cuarto de círculo na unión entre a parede interna e o fondo plano, que se corresponde na cara externa cunha acanaladura. Na metade do fondo conserva o extremo dun cartucho de selo. Presenta un verniz de cor alaranxada.

Sen título (CE005270/28)

Sen título (CE005270/28)
Sen título (CE005270/28)
Comentario

Fragmento de cunca de terra sigillata sudgálica lisa. Fondo con pé alto, corpo en dobre cuarto de círculo e labio redondeado.

A parte interna do fondo contén, nunha cartela rectangular, o selo IVLII correspondente ao ceramista Iulius das olerías galas de Montans.

Sen título (CE005246/75)

Sen título (CE005246/75)
Sen título (CE005246/75)
Comentario

Fragmento de gobelete de cerámica de paredes finas, de forma tendente a globular, con bordo moi curto. A súa pasta é branda, de cor ocre-alaranxada e mostra decoración á barbotina de liñas oblicuas, non paralelas. Conserva restos de engobe avermellado ao exterior e de cor alaranxada na parte superior da cara interna.

Sen título (CE005246/74)

Sen título (CE005246/74)
Sen título (CE005246/74)
Comentario

Xerra monoansada á que lle falta a base, de corpo ovoide e con colo estreito e longo rematado nun bordo acampanado. Presenta asa en cinta que arranca da parte superior do colo cara o corpo, de tipo globular. Está realizada a torno e remátase cunha superficie exterior alisada e a aplicación dun lixeiro engobe de tonalidade levemente máis escura que a pasta, que é alaranxada clara.