Sen título (DX0017/59)

Sen título (DX0017/59)
Sen título (DX0017/59)
Comentario

Tapadeira de forma discoidal con arrinque de asa de sección plana, que non se conserva, e tres orificios para a saída de vapor. Está feita cunha pasta grisácea con abundantes partículas non plásticas de seixo e mica, fundamentalmente, de calibre medio-fino. Está decorada, no perímetro do anverso, con impresións oblicuas e paralelas realizadas cun pequeno peite de catro púas.

Sen título (DX0017/58)

Sen título (DX0017/58)
Sen título (DX0017/58)
Comentario

Prato de terra sigillata hispánica de parede lixeiramente exvasada e lisa. No punto de unión entre a parede e o fondo do interior, presenta unha moldura en cuarto de círculo, e, ao exterior, unha carena marcada por unha liña incisa. O bordo é simple, redondeado e orientado ao exterior. Está realizado nunha pasta de cor vermella clara, fina e compacta, con abundantes elementos non plásticos de grao fino.

Sen título (DX0012/54)

Sen título (DX0012/54)
Sen título (DX0012/54)
Comentario

Fusaiola plana feita a partir dun fragmento de corpo dun recipiente cerámico. Cocción oxidante. Superficies desgastadas.

Sen título (DX0020/7)

Sen título (DX0020/7)
Sen título (DX0020/7)
Comentario

Cunca engobada ao interior e no exterior do bordo, imitación de terra sigillata, que recorda á forma Ritt 8 . Presenta un corpo hemisférico e pé alto de sección triangular.

Sen título (CE005246/82)

Sen título (CE005246/82)
Sen título (CE005246/82)
Comentario

Vaso bitroncocónico que presenta un carenado na metade do corpo do que arrinca unha única asa de sección semicircular que remata integrándose no bordo. Este é exvasado cara ao exterior e curvo ao interior, ao xeito dos piriformes. O fondo é pequeno e plano. Presenta un acabado escuro moi pulido, característico deste tipo de xerriñas monoansadas.

Sen título (DX0012/53)

Sen título (DX0012/53)
Sen título (DX0012/53)
Comentario

Vaso bitroncocónico con bordo exvasado cara ao exterior e curvado ao interior. No arrinque da asa, á altura da metade do corpo amosa unha liña a modo de carena como única decoración. O acabado da peza caracterízase por un forte pulimento que resalta e dá brillo ao exterior negro.

O perfil sinuoso deste tipo de vasos e o seu emprego convértenos en herdeiros directos dos vasos piriformes.

Sen título (DX0017/57)

Sen título (DX0017/57)
Sen título (DX0017/57)
Comentario

Vaso piriforme con amplo bordo cóncavo rematado nun labio redondeado, que se une ao corpo piriforme sen necesidade de colo. Na parte superior do corpo posúe tres liñas paralelas, fortemente incisas, de tal forma que se configuran un par de baquetóns. A base é totalmente plana. Realizouse con torno alto - pois as liñas da factura vense nitidamente no interior e no fondo-, empregando pasta decantada con abundante desgraxante micáceo de moi pequeno tamaño. Rematouse cun acabado brunido por todo o exterior da vasilla e no interior do bordo; o interior do corpo non se tocou.

Sen título (DX0054/2)

Sen título (DX0054/2)
Sen título (DX0054/2)
Comentario

Prato de produción indíxena que copia modelos do repertorio romano. Está realizado unha pasta pouco depurada e cocción redutora bastante rudimentaria, o que lle proporciona diferenzas de cor.

Sen título (CE005227/69)

Sen título (CE005227/69)
Sen título (CE005227/69)
Comentario

Cunca de cerámica engobada, formada por un pequeno corpo hemiesférico e longo bordo horizontal lixeiramente curvado con decoración de acanaladuras e rematado cun suave engrosamento no labio.

É posible que a súa fabricación fora a torno, pero é difícil aseguralo pois o acabado, un espeso engobe de cor vermella, borrou todo tipo de evidencia.

Sen título (CE005227/68)

Sen título (CE005227/68)
Sen título (CE005227/68)
Comentario

Fusaiola de forma bitroncocónica. A zona superior da peza posúe forma cóncava e decoración na exterior cun motivo de puntos impresos formando liñas verticais. Pasta de coloración ocre-claro con certo ton alaranxado.