Sen título (DX0008/144)
Morteiro reconstruío a partir dun fragmento. O seu labio é lixeiramente exvasado e bordo redondeado. Tras un pequeno resalte-baquetón comeza a parede do recipiente, cóncava e moi robusta. Fondo cóncavo. Do labio arrinca un bico de planta trapezoidal con dobre parede (de 15,6 mm de profundidade) que conforma a canle.
Sen título (DX0008/143)
Fragmento de cántaro O labio presenta ao interior unha pequena inflexión para aloxar unha tapadeira. O seu bordo é recto, engrosado e lixeiramente volto ao exterior. Á altura do ombro presenta unha decoración de dúas leves liñas incisas que enmarcan un zigzag. A asa, con gran acanaladura central, une o bordo co ombro.
Sen título (DX0008/142)
Ola de colo pouco pronunciado, bordo exvasado e labio redondeado, reconstruída a partir de 28 fragmentos.
Sen título (DX0008/140)
19 fragmentos que forman 1/4, aproximadamente, dun cántaro de labio escavado e bordo engrosado e redondeado. Colo poco poronunciado e curto, separándose do bordo mediante unha inflexión. Ten unha asa de sección en U aberta que une o bordo co ombreiro. Esta decorado no ombro cun baquetón redondeado.
Sen título (CE004134/2)
Podón ("falx") de ferro que conserva restos do seu mango, fabricado con madeira, ao cal fixábase mediante tres remaches. Dado o seu mal estado de conservación non se pode ser máis preciso na descripción ata que se produza a súa restauración.
Sen título (DX0044/26)
Ola de tamaño medio e forma globular, con certa tendencia piriforme; é dicir, que o punto máis amplo da barriga se localiza na parte media/baixa.. O bordo é exvasado, facetado e lixeiramente cóncavo, cun labio redondeado. O fondo é plano, como é propio deste tipo. Conserva o arrinque dunha asa de cinta que une o labio coa parte media da barriga. A asa reintegrouse cuns leves rebordos laterais e unha depresión central, características que aparecen frecuentemente nesta forma. O acabamento exterior é un simple alisamento, bastante perdido xa, debido ao uso da peza, quizais en tarefas relacionadas co procesado e consumo de alimentos.
(Asa: altura 6,3; anchura 3,2 e grosor 0,4 cm).
Sen título (DX1005/8)
Cunca de base anular, fondo plano e bordo horizontal. Presenta decoración cara o exterior e interior. No exterior conserva restos do que podemos identificar con motivos vexetais estilizados en azul e perfilados en morado. No interior, no centro, está decorada por un cervo rodeado de motivos vexetais e unha bolboreta, realizados con tres cores: azul, raiado laranxa e morado, para os contornos das figuras. Todo iso enmarcado por unha orla tricolor de motivos xeométricos que ocupa todo o bordo da peza.
Sen título (DX0008/139)
Ola de gran tamaño reconstruída a partir de 183 fragmentos. O seu colo é pronunciado e curto, o labio facetado e o bordo redondeado. Corpo oval e asas curtas e de cinta. Decorada a altura do ombro cunha franxa de 15 mm de ancho con 3 baquetóns de sección trapezoidal e dobre incisión. A base-fondo é plana.
Sen título (DX1029/421)
Ola de pequenas dimensións de fondo plano, corpo globular e bordo esvasado de beizo redondeado. Superficie exterior bruñida.
Paxinación
- First page
- Páxina anterior
- …
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- …
- Páxina Seguinte
- Last page
Gran prato reconstruído a partir dun fragmento. O seu bordo é redondeado e o corpo recto, tras unha lixeira carena. O fondo-base é plano.