A morfoloxía xeral da peza é apuntada, triangular, con sección biconvexa e espesura abatida. Os bordos son converxentes e cóncavos e a base -no estado actual- é trapezoidal con posibilidade de que fose triangular ou pedunculada. O retoque está localizado na parte lateral medial-distal do corpo, e presenta unha morfoloxía parella, cunha orientación lateral composta, amplitude profunda, delineación denticulada, e unha bifacial, xunto cun modo plano de perfil aplanado. A peza está fracturada na base (pedúnculo) e no apéndice distal. Índices: de lonxitude: 1.5 (media); de lonxitude da base: 4.6 (curta); de grosor: 5.4 (grosa).