Sen título (CE005212/70)

Sen título (CE005212/70)
Sen título (CE005212/70)
Comentario

Vaso piriforme de bordo cóncavo que amosa unha marcada inflexión na unión entre o bordo e o corpo. Debaixo dese estreitamento, no inicio do corpo, decórase con dúas acanaladuras paralelas. O pé é pequeno e moi plano. A superficie exterior está pulida e presenta un acabado escuro, con algunhas manchas máis claras, produto dunha cocción irregular.

Sen título (CE005212/69)

Sen título (CE005212/69)
Sen título (CE005212/69)
Comentario

Fragmento de ola con base de pé anular, oblicuo e resaltado do que só se conserva unha parte. Presenta, como en todas as olas deste tipo, un acabado brunido e afinado, e unha decoración estampillada de estilo arcaizante disposta en frisos de sigmas e círculos concéntricos.

Sen título (CE005212/65)

Sen título (CE005212/65)
Sen título (CE005212/65)
Comentario

Fragmento de cunca de terra sigillata itálica lisa pertencente á forma Goudineau 38 (Loeschke 12). Presenta un bordo vertical con pequeno labio angular, sinalado por dúas liñas incisas, unha interior e outra exterior, a diferente altura; a unión do bordo co corpo realízase por medio dunha moldura horizontal moi desenvolvida. No bordo, ao exterior, presenta, aplicada en relevo, unha cabeza de figura feminina.

Sen título (CE005270/30)

Sen título (CE005270/30)
Sen título (CE005270/30)
Comentario

Terzo superior dun recipiente pechado, de corpo ovoide e colo curvo ou en S>>, e de breve desenvolvemento, propio para cociñar ou para conter. Está realizada nunha pasta pouco decantada, baixo unha cocción oxidante o que lle proporciona unha cor castaña/ vermella.

Sen título (DX0017/66)

Sen título (DX0017/66)
Sen título (DX0017/66)
Comentario

Prato de cerámica común, con parede oblicua, reconstruído a partir dun fragmento que dá a forma completa. Presenta unha base plana, o corpo lixeiramente convexo, bordo biselado e labio plano. A súa factura foi a torno, dándolle un acabado espatelado ao final.

Sen título (CE005231/47)

Sen título (CE005231/47)
Sen título (CE005231/47)
Comentario

Parte superior dunha ola globular de tradición indíxena tipo Cameixa, que presenta bordo redondeado ao extremo dun colo cilíndrico. Seguidamente e tras un par de acanaladuras, arrinca o ombreiro decorado mediante motivos incisos, apreciándose unha liña de curtas impresións oblicuas paralelas e a continuación outras dúas coa mesma técnica pero formando ondas. Presenta coloración gris, con toques negros según zonas. A factura é a torno alto con brunido final.

Sen título (CE005227/76)

Sen título (CE005227/76)
Sen título (CE005227/76)
Comentario

Cántaro ou ánfora de corpo globular e base plana, con colo curto, estreito e diferenciado claramente do corpo. Presenta dúas asas en cinta, moi curvadas, que arrincan directamente do bordo, de sección triangular, e apóiase no ombreiro.

Sen título (CE005227/75)

Sen título (CE005227/75)
Sen título (CE005227/75)
Comentario

Fragmento do que sería un morteiro con corpo de paredes moi abertas e con bordo horizontal en forma de viseira que se engrosa na parte exterior. Presenta pico vertedoiro saínte con canal de desaugue de paredes paralelas. Ao interior, na zona de unión bordo-corpo, ten un pequeno baquetón de sección semicircular, inmediatamente despois do cal aparece gran cantidade de pequenas areas, de diferentes minerais e rocas incrustadas na parede que conforman a superficie de fricción.

Sen título (DX0017/65)

Sen título (DX0017/65)
Sen título (DX0017/65)
Comentario

Ola de forma estilizada que se afasta da tradición castrexa. Ten un corpo ovoide directamente unido a un bordo curto, o que impide o desenvolvemento dun colo ben diferenciado. O bordo é groso e volto ao exterior e vai rematado cun beizo redondeado. Presenta restos de feluxe, froito do seu contacto co lume.

Sen título (CE005227/73)

Sen título (CE005227/73)
Sen título (CE005227/73)
Comentario

Cunca de corpo semiesférico, amplo bordo oblicuo, lixeiramente arqueado e fondo plano con pequeno resalte, imitación das formas evolucionadas da terra sigillata terra hispánica Drag. 27/37 tardías. A peza está engobada por ambas caras en cor vermella e rematada cun espatelado horizontal.