Acubillo de moedas romanas de prata. Antonianos
Vaso piriforme de paredes relativamente finas e de colo pouco pronunciado reconstruído a partir de 14 fragmentos. A súa superficie exterior é de cor ocre alaranxado por efecto do brunido ao que foi sometida a peza. Mostra restos de bandas vermellas pintadas a pincel, nas zonas superior e inferior do corpo (moi degradadas e só observables co binocular)
Sen título (DX1029/176)
Fíbula anular en omega con sección romboidal. Os extremos rematan en apéndices decorados mediante baquetóns paralelos. A agulla está solta e rota na parte superior.
Sen título (DX1029/175)
Fíbula anular en omega con sección circular. Agulla en bo estado de conservación e con decoración incisa.
Sen título (DX1029/174)
Fíbula anular sinxela con remates planos e decorados con liñas incisas paralelas, agulla en bo estado de conservación.
Sen título (CE005246/88)
Ola ou tanlla de grandes dimensións de bordo exvasado, flexionado e multifacetado. O corpo é globular e vai decorado con cordóns aplicados, que ademais de ter unha funcionalidade ornamental reforza a solidez da peza.
Inspirada na tradición indíxena e nos gustos locais, está realizada nunha arxila moi decantada de cor castaña. A súa superficie externa é pulida e brillante, cun coidado espatelado de liñas verticais, que se fan máis tenues desde a parte media do corpo ata a base. Tendo en conta que a ola apoiaría sobre o chan, a súa zona decorada máis visible coincidiría cos espatelados verticais da zona superior do galbo. Esta circunstancia e a súa excelente factura e decoración, farían que, ademais da súa función básica de almacenamento ou transporte, fose tamén unha peza para ser contemplada.
Sen título (CE005212/71)
Vaso piriforme de bordo cóncavo que amosa unha marcada inflexión na unión entre o bordo e o corpo, o que produce un forte estreitamento o que dá lugar ao característico perfil desta tipoloxía propia do xacemento, na primeira fase da súa ocupación. Presenta unhas suaves acanaladuras no arrinque do corpo único elemento decorativo, ao que se engade un acabado moi pulido que lle aporta matices de diferentes tonalidades ocres á peza.
Sen título (CE005212/70)
Vaso piriforme de bordo cóncavo que amosa unha marcada inflexión na unión entre o bordo e o corpo. Debaixo dese estreitamento, no inicio do corpo, decórase con dúas acanaladuras paralelas. O pé é pequeno e moi plano. A superficie exterior está pulida e presenta un acabado escuro, con algunhas manchas máis claras, produto dunha cocción irregular.
Sen título (CE005212/69)
Fragmento de ola con base de pé anular, oblicuo e resaltado do que só se conserva unha parte. Presenta, como en todas as olas deste tipo, un acabado brunido e afinado, e unha decoración estampillada de estilo arcaizante disposta en frisos de sigmas e círculos concéntricos.
Sen título (CE005212/65)
Fragmento de cunca de terra sigillata itálica lisa pertencente á forma Goudineau 38 (Loeschke 12). Presenta un bordo vertical con pequeno labio angular, sinalado por dúas liñas incisas, unha interior e outra exterior, a diferente altura; a unión do bordo co corpo realízase por medio dunha moldura horizontal moi desenvolvida. No bordo, ao exterior, presenta, aplicada en relevo, unha cabeza de figura feminina.
Paxinación
- First page
- Páxina anterior
- …
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- …
- Páxina Seguinte
- Last page
Fíbula completa de arco semicircular cun suco lonxitudinal tanto ao exterior como ao interior. A cabeza forma un aro aberto que encaixa no traveseiro. Este é fusiforme, de sección circular e presenta unha plaquiña lonxitudinal moldurada na parte interna e un eixo independente que atravesa o interior e a cabeza da fíbula. A agulla vai fixada por baixo do elemento de unión, desprazada nun dos lados. O pé é ancho e firme, e mostra a goteira lateral para encaixe da agulla. Apéndice caudal elevado, rematado nun botón troncocónico.