Sen título (CE005246/88)

Sen título (CE005246/88)
Sen título (CE005246/88)
Comentario

Ola ou tanlla de grandes dimensións de bordo exvasado, flexionado e multifacetado. O corpo é globular e vai decorado con cordóns aplicados, que ademais de ter unha funcionalidade ornamental reforza a solidez da peza.

Inspirada na tradición indíxena e nos gustos locais, está realizada nunha arxila moi decantada de cor castaña. A súa superficie externa é pulida e brillante, cun coidado espatelado de liñas verticais, que se fan máis tenues desde a parte media do corpo ata a base. Tendo en conta que a ola apoiaría sobre o chan, a súa zona decorada máis visible coincidiría cos espatelados verticais da zona superior do galbo. Esta circunstancia e a súa excelente factura e decoración, farían que, ademais da súa función básica de almacenamento ou transporte, fose tamén unha peza para ser contemplada.