Sen título (DX0017/51)

Sen título (DX0017/51)
Sen título (DX0017/51)
Comentario

Prato simple da forma Drag. 18 de Terra Sigillata Sudgálica de parede lixeiramente curvada e aberta, cun resalte no labio máis ou menos marcado. Pé alto de sección triangular, fondo ascendente cara o centro. Mostra unha cartela rectangular cos lados redondeados, con letras claras e con suficiente relevo, na que se pode ler: OF.MVRA.

Sen título (CE005270/22)

Sen título (CE005270/22)
Sen título (CE005270/22)
Comentario

Conxunto de tres fragmentos que dá o perfil completo dunha pequena cunca de terra sigillata hispánica lisa de perfil hemisférico. A pasta é moi fina e compacta, sen apenas desgraxantes, e ten engobe vermello brillante. Como elementos decorativos presenta uns trazos, realizados a buril, oblicuos paralelos e facendo zigzag no bordo e na cara superior do baquetón redondeado que o separa do corpo. O fondo presenta unha liña incisa circular e un pé anular que exteriormente forma unha pequena carena angular.

Sen título (CE005246/72)

Sen título (CE005246/72)
Sen título (CE005246/72)
Comentario

Pequena cunca de terra sigillata hispánica lisa, de perfil hemisférico con pé marcado, bordo vertical e labio redondeado, subliñado por unha liña incisa, tanto ao interior como na cara externa. O bordo presenta decoración burilada de trazos verticais e aparece delimitado polo característico baquetón inferior que o separa do resto do corpo. O pé é curto e de forma circular.

Sen título (DX0017/50)

Sen título (DX0017/50)
Sen título (DX0017/50)
Comentario

Pequena cunca de terra sigillata hispánica lisa, de perfil biconvexo (o corpo dividido en dúas concavidades) reconstruída a partir dun fragmento que dá o perfil completo. Está feita nunha pasta moi fina, sen desgraxantes e rematada cun engobe vermello brillante.

Ten selo retrogrado do oleiro na base: OF PAS (officina de Passienvs) e no apoio do pé ten un grafito en forma de " V" que identificaba ao seu posuidor.

Amosa no seu interior unha marca circular provocada posiblemente polo apoio doutra peza similar no proceso de cocción.

Sen título (CE005246/70)

Sen título (CE005246/70)
Sen título (CE005246/70)
Comentario

Fragmento de bordo e corpo dunha vasilla de cerámica pintada tipo Clunia, de pasta amarelenta. Dentro do limitado repertorio tipolóxico deste obradoiro, identifícase cunha cunca carenada, de parede lixeiramente convexa e labio resaltado, de sección circular. Conserva unha pequena parte da acanaladura que sinala o inicio da carena. Presenta decoración metopada, delimitada por liñas verticais paralelas, cun motivo de dúas lebres ou coellos correndo cara á dereita, separadas por unha liña ondulada.

Sen título (CE005246/69)

Sen título (CE005246/69)
Sen título (CE005246/69)
Comentario

Prato de cociña de tradición castrexa, de fondo plano, parede convexa e bordo lixeiramente entrante e redondeado. Presenta un acabado brunido no interior e no bordo exterior; o resto da peza vai cuberto cun basto espatelado que traza grupos de liñas incisas e paralelas - formando feixes -. Cerca do centro, ao fondo, lese un grafito de pertenza: NE.

Sen título (CE005246/68)

Sen título (CE005246/68)
Sen título (CE005246/68)
Comentario

Fina placa circular de pequeno tamaño, cun orificio central, coa superficie do reverso lisa e o anverso decorado mediante unha serie de molduras concéntricas, unha banda de liñas incisas paralelas e motivos de semicírculos concéntricos.

Sen título (CE005246/67)

Sen título (CE005246/67)
Sen título (CE005246/67)
Comentario

Cunca carenada de corpo recto, labio redondeado, levemente insinuado, e base moldurada con pé sinalado, semellante a forma 3 de Abascal. Está realizada nunha pasta moi decantada e de cor laranxa/ vermella (reconstruída). Presenta unha decoración metopada, separada por liñas verticais; na única metopa conservada represéntanse dous peixes, moi estilizados, mirando á dereita, separados por unha liña horizontal.

Sen título (CE005231/39)

Sen título (CE005231/39)
Sen título (CE005231/39)
Comentario

Vaso piriforme que presenta bordo exvasado con biselado interior e colo saínte convexo. Na parte superior do corpo aprecíanse tres baquetóns e, un pouco máis abaixo, na parte máis ancha do corpo, amosa tres riscos verticais.

A base é plana con lixeiro afundimento no centro. A textura de pasta é fina, con bastante mica, de tonalidades ocres e grises. Este vaso foi realizado a torno e trala cocción, a superficie foi alisada con coiro o que dá como resultado un aspecto moi pulido e brillante.

Sen título (CE005246/66)

Sen título (CE005246/66)
Sen título (CE005246/66)
Comentario

Gran recipiente de corpo globular e base plana de reducidas dimensións. Ten un bordo de sección triangular con rebordo (para asento dunha tapadeira ou opercula, (hoxe perdida). Próximas ao bordo presenta dúas asas afrontadas, de sección bilobulada ao exterior e plana ao interior.

A pasta é de cor avermellada con abundante desgraxante de cuarzo branco, recuberta ao exterior por unha fina capa de engobe brillante de cor alaranxada, que se mantén principalmente na metade inferior.