Sen título (DX1030/86)

Sen título (DX1030/86)
Sen título (DX1030/86)
Comentario

Xerriña con dúas asas laterais, de sección circular. Está case completa, soamente lle faltan partes do borde, e bordes da base anular. Presenta borde aberto do que saen as dúas asiñas cilíndricas que, a súa vez, arrancan da parte baixa do corpo de perfil sinuoso. Na parte da curvatura, á altura do arranque inferior da asa, presenta dous sucos horizontais e paralelos, soamente interrompidos por ese arranque, cheos de impresións que semellan seren de xeito circular as de arriba, e como SSS as de abaixo. Esta banda decorada ten un ancho de 7 mm. No fondo presenta resalte en coroa. A pasta é marrón, roxiza polo medio, e con engobe marrón escuro polas dúas caras (máis escuro no interior), onde tamén presenta alisado. Grans de mica como desgrasante.

A xerra contiña oito moedas de bronce, pegadas en dous grupos: un de tres e outro de cinco moedas. Tiñan a particularidade de conservaren restos dun tecido adherido a elas, o que indicaría que estarían envoltas nel.

Asa 1: Altura 5,2; anchura 1 e grosor 0,9 cm

Asa 2: Altura 5,3; anchura 1,1 e grosor 0,9 cm

Sen título (CE005195/240)

Sen título (CE005195/240)
Sen título (CE005195/240)
Comentario

Peza sobre canto con talla bifacial simple. Base semicircular e bordos converxentes. Fractura distal. Pequena reserva de codia en zona proximal esquerda do anverso.

Patinado.

Sen título (DX1030/23)

Sen título (DX1030/23)
Sen título (DX1030/23)
Comentario

Doa branca, queimada e cuarteada. Presenta cinco pequenos buratiños por todo arredor, como para incrustar algo. Ten unha forma bastante irregular.

Sen título (DX1030/15)

Sen título (DX1030/15)
Sen título (DX1030/15)
Comentario

Case a metade completa dunha doa de cor amarelo que presenta resalte nos dous bordes, e outros redondeados (a xeito de puntos) polo medio.

Sen título (CE005195/141)

Sen título (CE005195/141)
Sen título (CE005195/141)
Comentario

Lasca secundaria.Talón extraído, fío convexo. Presenta retoques de diversa morfoloxía e tendencia invasora na cara ventral, sendo simples e profundos na dorsal.

Patinada.

Sen título (CE005195/134)

Sen título (CE005195/134)
Sen título (CE005195/134)
Comentario

Peza sobre canto, base reservada. Bordo convexo no extremo distal, talla bifacial simple superficial.

Patinado.

Sen título (CE005195/115)

Sen título (CE005195/115)
Sen título (CE005195/115)
Comentario

Preparado sobre canto rodado, de tipo tartaruga. Presenta negativos de lascas orientadas cara ao interior e organizadas en torno á peza. Creación dunha aresta saxital debido ao descortizado de parte do contorno na cara oposta para a creación dun ángulo de facetado axeitado, resultando os planos de percusión lisos.

Sen título (CE004174/71)

Sen título (CE004174/71)
Sen título (CE004174/71)
Comentario

Anverso: NERO. CAESAR. AVG. IMP.

Cabeza núa de Nerón mozo á dereita.

Reverso: PONTIF. MAX..TR. P. III. P. P. ao redor de coroa de carballo con EX. S. C. no interior.

Sen título (CE005227/61)

Sen título (CE005227/61)
Sen título (CE005227/61)
Comentario

Sítula ou pequeno caldeiro realizado nunha fina lámina de metal por martelado e estirada a torno. Presenta forma bitroncocónica, con forte carena no terzo inferior, fondo lixeiramente convexo e bordo exvasado, rematado nunha pestana vertical.