Balanza romana

Balanza romana
Balanza romana
Comentario

Barra de bronce de sección circular, que diminúe de diámetro cara aos extremos; que aparecen fragmentados e cun elemento para suspensión no centro. Aínda que moi incompleta interpretámola como unha balanza grecorromana, da que só se conserva o scapus, a barra circular de extremos apuntados e desiguais. Sobre ela hai unha serie de marcas e incisións de sección en > paralelas, que supón o sistema de medida, e no medio os restos da argola de sustentación.