Sen título (DX0987/3)
Fíbula anular de sección plana e remates rectos.
Sen título (CE005227/60)
Conxunto de cinco pesas de rede elaboradas a partir dunha lámina de chumbo dobrada sobre si mesma, xerando unha sección en U. Os seus pesos oscilan entre 24,8 e 28,4 gramos. As súas dimensión, seguindo a numeración das bolsas do seu embalaxe, son as seguintes:
Pesa nº 1: Lonxitude = 3,4 cm.; Grosor máximo = 1,4 cm.
Pesa nº 2: Lonxitude = 3,3 cm.; Grosor máximo = 1,4 cm.
Pesa nº 3: Lonxitude = 3,2 cm.; Grosor máximo = 1,4 cm.
Pesa nº 4: Lonxitude = 3,4 cm.; Grosor máximo = 1,4 cm.
Pesa nº 5: Lonxitude = 3,1 cm.; Grosor máximo = 1,5 cm.
Sen título (DX0020/6)
Fragmento de asa de xerra en forma de
Sen título (DX0012/49)
Instrumento composto por un vástago fusiforme, decorado na zona media mediante liñas incisas paralelas, perpendiculares ao eixe, a ambos lados dunha cenefa cun motivo de triángulos. Remata en punta nun dos extremos e no oposto nunha culleriña plana que perdeu boa parte da materia.
Sen título (DX0012/46)
Placa de cinto rectangular, calada, decorada cunha serie decorativa composta por cinco arquiños de ferradura lonxitudinais, cun recorte triangular na unión da cada arco para resaltar o grosor da arcada. O sistema de enganche coa fibela realízase por medio dunha bisagra de dous aneis, un deles perdido. Completan a peza dous botóns a modo de remaches na parte posterior para fixar a peza ao coiro que formaría o cinto.
Sen título (DX0012/45)
Fragmento de soporte para recipiente, de sección rectangular e forma circular. Reforzase cuns saíntes (tres neste anaco) de sección rectangular a modo de pés para un mellor apoio.
Sen título (DX0012/44)
Placa de broche de cinto de forma rectangular, decorada cun motivo calado de estilizacións de roleos vexetais, enmarcada por un friso de SSS nos lados maiores e flanqueada nos extremos por liñas incisas. A unión da placa á fibela realizaríase por medio dunha bisagra, como pon de manifesto a presenza de catro soportes anelados. Non conserva a fibela que é de supor sería de forma trapezoidal tipo "cornuda", dada a tipoloxía da placa. Dous botóns no reverso servirían para fixala á correa de coiro.
Sen título (DX0012/41)
Tapa de caixa para selo formada por unha placa plana en forma de lágrima ou folla, decorada con círculos concéntricos esmaltados en cor vermella. A unión coa caixa -non conservada- faríase por medio da bisagra que mostra no extremo redondeado; a peza estréitase no extremo oposto e remata nun pequeno botón que leva na cara interna un pivote que funcionaría como sistema de peche.
Sen título (DX0012/38)
Cama circular recortada nunha prancha de bronce. Mostra no perfil exterior unha serie de dixitacións e na parte central unha decoración calada por medio de doce raios. A perforación pola que pasan os canóns do filete, dos que penden as argolas para pasar as rendas, sitúase no centro, enmarcada por unha moldura na que se observan sinais de uso e desgaste. O enganche do montante que unía o freo á cabezada está roto, aínda que pola súa disposición debía ter forma trapezoidal.
Paxinación
- First page
- Páxina anterior
- …
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- 50
- …
- Páxina Seguinte
- Last page
Variña ou arame de sección circular rematada nun dos extremos, despois dunha dobrez intencionada e dunha dobre moldura, nun corpo de forma piramidal alongada de sección cadrada, con dúas pequenas liñas incisas paralelas en cada unha das súas caras. En dirección ao extremo oposto, que está incompleto, a sección de variña vaise estreitando, ata rematar, posiblemente, nun elemento apuntado en forma de gancho. Na zona da moldura conserva restos de prata.