Sen título (DX0017/40)
Alfinete de pequeno tamaño e factura moi simple, formado por un vástago de sección circular con cabeza cónica e de grosor decrecente cara á punta.
Sen título (DX0017/36)
Placa de forma ultrasemicircular tipo pelta, decorada con motivos calados de volutas, dúas liñas incisas paralelas e tres pequenos apéndices de remate. No reverso leva dous botóns cadrados que serven para unila á correa de coiro.
Sen título (DX0017/33)
Anel de sección semicircular cunha prolongación na parte superior formada por un rectángulo calado e un apéndice semicircular que constitúe o paletón da chave.
Sen título (DX0017/32)
Fragmento de soporte ou pé de sítula anelado co pé en forma de pata e rematado co pezuño dun ungulado, para ir soldado ao recipiente.
Sen título (CE005231/38)
Posible gancho para un pasador dun sistema de peche.Trátase dunha peza feita a partir dunha barra martelada e pregada sobre si mesma. Está aplanada en sentido horizontal na zona da cabeza ou aro e en sentido vertical co respecto ao seu eixe. A fractura nas follas parece coincidir coa posición do buraco para os cravo de suxeición.
Sen título (CE005231/37)
Asa móbil de sítula realizada a partir dunha lámina de metal curvada con decoración incisa punteada. O puntillado está disposto nun zigzag ou triángulos alternos que percorren ámbalas dúas caras, con pequenas liñas de tres puntos perpendiculares aos vértices dos devanditos triángulos.
Sen título (CE005231/35)
Aplique de asa de sítula, formado por un espello circular cun mascarón, case desaparecido, toucado con coroa de raios. O conxunto complétase cun traveseiro en forma de media cana, adornado con dúas molduras, con incisións verticais, rematando nunha argola, na que iría colgada a asa.
Sen título (CE005246/58)
Cravo de cabeza cuadrangular e vástago de sección circular, coa punta roma, posiblemente fracturada.
Sen título (CE005246/55)
Estilo realizado sobre unha variña de bronce de sección circular, formada por cinco segmentos decorados por triángulos facetados, delimitados por bandas transversais molduradas mediante liñas incisas.
O seu extremo distal - fracturado - terminaría nunha punta de ferro afiada, mentres o proximal remata nunha espátula rectangular cos lados maiores cóncavos.
Paxinación
- First page
- Páxina anterior
- …
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- 50
- 51
- …
- Páxina Seguinte
- Last page
Tapa de xerra de bronce con apéndice superior ou pomo en posición central, para permitir a súa apertura e peche e con orificio para a unión mediante bisagra á boca do recipiente. Nesta zona de unión coa boca ou zona proximal presenta forma de corazón, mentres que no extremo oposto ou distal a súa morfoloxía é rectangular, ao tempo que algunha acanaladura trasversal incisa actua como elemento decorativo.