Sen título (CE005212/9)
Alfinete ou agulla de pelo formado por un vástago de sección cilíndrica, decorado na parte final por cinco molduras anulares, e cabeza fusiforme, cun corpo bulboso. Está fracturado na punta.
Sen título (CE005212/4)
Fíbula de tipo Aucissa, incompleta e carente de agulla, resorte e de os remates deste último. A ponte ou arco semicircular é de sección hexagonal. A placa que une a ponte coa charnela é plana e de forma rectangular, con dúas escotaduras a cada lado e decorada con tres acanaladuras con sogueado. O pé, de forma triangular, conserva a mortalla completa e está rematado por un botón remachado de sección cadrada.
Sen título (CE005212/3)
Fíbula de forma anular con aro aberto de sección circular e de grosor decrecente dende o centro cara os extremos, que se dobran cara afora trazando a característica forma de omega que lle dá nome ao tipo. Os remates son de forma bulbosa e moldurados. A agulla é unha peza independente e ten unha argola perforada que permite o seu desprazamento por todo o aro da fíbula.
Sen título (CE005212/2)
Aro de forma e sección circular con grosor decrecente dende o centro aos extremos, que se dobran cara afora trazando a característica forma de omega que dá nome a este tipo de fíbulas. Os remates son de forma bulbosa e moldurados. Conserva a agulla completa con argola perforada que permite o seu desprazamento por todo o aro.
A diferenza de pátina entre agulla e aro é indicativa de diferentes coadas no proceso de fabricación.
Sen título (DX1028/9)
Anel formado por un aro de sección rectangular, decorado na súa cara externa por liñas incisas verticais e outras oblicuas que compoñen un motivo de espiga.
Sen título (DX1028/7)
Fíbula anular en omega completa con aro moldurado interrompido, de sección estrelada ou poligonal e de grosor lixeiramente decrecente dende o centro, decorado en toda a súa superficie mediante liñas incisas. Os remates son botóns bulbosos moldurados e tamén presentan pequenos motivos estriados nunha das molduras. A agulla é unha peza independente que funciona sen resorte e se despraza libremente polo aro.
Sen título (CE005219/22)
Doa esférica de cor dourada.
Balanza romana
Barra de bronce de sección circular, que diminúe de diámetro cara aos extremos; que aparecen fragmentados e cun elemento para suspensión no centro. Aínda que moi incompleta interpretámola como unha balanza grecorromana, da que só se conserva o scapus, a barra circular de extremos apuntados e desiguais. Sobre ela hai unha serie de marcas e incisións de sección en
Sen título (DX0008/135)
Esta fíbula é do tipo coñecido coma cruciforme ou de besta. Presenta un pé recto que cubre o enganche da agulla, aberto nun lateral, un arco semicircular (o que fixo que nalgúns momento se denominasen fíbulas en "P") con sección trapezoidal e lixeiramente desviado do eixe do pé, e unha cabeza formada por un brazo transversal que remata en senllos bulbos de cebolas. Na parte superior do pé aparecen unhas pequenas e esvaecidas volutas simétricas, e no brazo transversal hai tamén un aplique, a ámbolos dous lados do arco, con perforacións nas que iría no seu tempo algunha cadea, como coñecemos doutros exemplos e dalgunhas figuracións pictóricas ou escultóricas. Está sobredourada, aínda que perdeu parte do tratamento pola corrosión sufrida polo paso do tempo.
Paxinación
- First page
- Páxina anterior
- …
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- …
- Páxina Seguinte
- Last page
Fibela de cinto de forma oblonga e sección circular. A zona onde iría colocada a placa de cinto e a agulla está formada por dous espigos cuns apéndices verticais que servirían de tope para evitar o seu desprazamento.