Aparecen agrupados varios fragmentos dun borde aberto dunha xerra de cerámica de paredes finas. Presenta o labio saínte e apuntado cara arriba remarcado por un rebaixe corrido paralelo ao borde. Podería levar tapadeira. No colo presenta decoración aplicada que mostra un gran realismo: cabeza de león ruxindo, mirando cara abaixo; dous acios de uvas; e unha landra. As asas arrancan xusto por baixo do labio, e presentan dous fondos sucos lonxitudinais, tendo os resaltes un perfil redondeado. Ademáis, por riba da súa curvatura de arranque, e unidas por un resalte aplicado e redondeado, levan unha cunquiña que ten 3,4 cm de diámetro total e 1 cm de fondo. Dado que se conserva unha cunquiña enteira, metade de outra coa correspondente asa, e parte doutra, é de supor que a xerra tería tres asas. A pasta é depurada, fina e de cor clara, que conserva pegadas de engobe alaranxado.

Asa: Altura 6; anchura 1,5 e grosor 0,8 cm