Sen título (CE005246/47)
Escudo decorativo ou bocachave realizado nunha chapa de bronce, cun oco central de forma triangular para a chave, e dous orificios para os remaches de suxeición nos extremos.
Sen título (CE005246/46)
Asa de sección cuadrangular para caldeiro ou sítula cos extremos máis delgados, voltos cara arriba e rematados por un engrosamento. Está incompleta, pois carece do remate dun dos extremos.
Sen título (DX0017/28)
Exemplar completo de fíbula tipo Aucissa. Consta de arco semicircular liso, pé e portaagullas de perfil triangular rematado por un botón esférico e cabeza conformada por unha placa laminar que constitúe o extremo da charnela.
Sen título (DX0017/27)
Fíbula con arco decorado por un sogueado central, pé de reducidas dimensións e apéndice caudal moldurado terminado nunha argola. O eixe é unha peza de ferro de sección circular cun fío de bronce enrolado e ten terminais en forma de botóns decorativos. Carece de agulla.
Sen título (DX0017/26)
Fíbula incompleta de tipo transmontano (Ponte 32). Arco en forma de naveta invertida, de sección semicircular, ornado por dúas finas molduras lonxitudinais en relevo. Pé e descanso curto e cabeza decorada por unha serie de liñas incisas e unha aspa. Carece de eixe, resorte, agulla e apéndice caudal.
Sen título (CE005246/45)
Prancha triangular e de sección aplanada correspondente á folla dunha aixada, lixeiramente curvada e cun espigo oblicuo de sección rectangular, no que se encaixaría o mango que sería de madeira e que non se conserva.
Sen título (DX0017/24)
Obxecto con forma de grillón, composto por un groso cilindro, oco na parte inferior, do que parten dous elementos semicirculares dispostos en forma de arco que se articulan no centro da zona superior.
Sen título (CE005227/58)
Tres fragmentos de coador ou filtro realizado a partir dunha chapa de bronce. A chapa é plana e está cuberta de perforacións circulares de pequeno tamaño, xuntas e dispostas de forma irregular.
Sen título (CE005227/57)
Anel de sección plano-convexa e contorno elipsoidal que se vai ensanchando cara aos ombros. Mostra un rebaixe oval para engastar un entalle ou pedra que non se conservou.
Paxinación
- First page
- Páxina anterior
- …
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- 50
- 51
- 52
- …
- Páxina Seguinte
- Last page
Agulla realizada a partir dunha fina barra de bronce de sección circular. Conserva só parte do ollo por onde pasaría o fío, e ten a punta rota.