Sen título (DX0008/7)
Anverso: [...] [OTA]CILIA SEVE[RA AVG]
Busto drapeado de Otacilia Severa.
Reverso: CONCORDIA [AVGG]
Concordia sentada, á esquerda, portando pátera na man dereita e dobre cornucopia, na esquerda.
Sen título (CE005219/5)
Vaso cilíndrico, "Tipo San Cibrán de Lás", con perfil cóncavo flexionado. Labio exvasado indefinido polo exterior e pregadura con faceta horizontal polo interior. Asa vertical cilíndrica a media altura. Fondo plano con transición en ángulo e aristada por fóra e redondeada por dentro.
A decoración ocupa todo o exterior do corpo, se ben o tramo equivalente á altura da asa recibe unha especial atención. Son incisións suaves que compoñen bandas horizontais formadas por tres liñas agrupadas e intercaladas con zigzags de dobre trazo na parte media e por dúas liñas e intervalos lisos, nos extremos.
Pasta de textura media e coloración descontinua entre o castaño avermellado e o gris case negro. Superficies alisadas, suavizada e uniforme a exterior, avultada e coas marcas dos rolos de arxila ao interior.
Asa: Altura 7; anchura 1,6 e grosor 1,4 cm
Sen título (CE005231/33)
Obxecto alongado e puntiagudo de sección lixeiramente rectangular e decrecente cara a punta. No extremo oposto enrolase sobre si mesmo para formar un anel oval, por onde poder enganchalo.
Sen título (CE005246/38)
Lucerna de volutas sen asa, con pico redondeado e disco cóncavo que se conserva case completo, decorado exteriormente con tres baquetóns concéntricos.
A paste é alaranxada e para resaltar os volumes das molduras e relevos aplicouse un engobe negro a pincel. Así mesmo o rostrum está rodeado dunha capa negra produto da chama.
No centro e como tema decorativo atópase a figura dun Eros/Cupido, en posición de tres cuartos, cos atributos correspondentes ao deus Hércules. Coa man esquerda sostén a maza que apoia no seu ombreiro, mentres coa dereita parece suxeitar a pel pertencente ao león de Nemea. A representación figurativa desta lucerna, atopa os seus paralelos en exemplares conservados no British Museum (Londres) e noutros recuperados en Cartago.
Sen título (DX0012/55)
Fragmento de cunca ou vaso cilíndrico de terra sigillata sudgálica. Do fragmento atopado despréndese a morfoloxía da cunca, de forma cilíndrica cunha parede recta, un labio vertical co seu bordo liso redondeado e un pé anular cun gran diámetro. A parede únese ao fondo cóncavo formando unha carena. As imaxes, feitas a molde, elaboráronse desenvolvendo un friso, cunha ornamentación compartimentada, feita a separación por medio de liñas perladas. Ditas imaxes representan escenas de loita de gladiadores. Entre o bordo e o friso unha cenefa de ovas e debaixo desta unha serie de círculos concéntricos.
Sen título (DX0484/2)
Fíbula anular en omega. Forma circular. A parte que forma o arco ten sección hexagonal e vaise estreitando cara a parte baixa, onde se abre ao exterior rematando nuns abultamentos formados por catro sucos que delimitan tres resaltes circulares, o exterior é como un puntiño. O groso do arco no medio é de 4 mm. Conserva a agulla, que é dunha peza; a zona circular que envolve o arco, de 9 mm. de diámetro exterior, ten sección rectangular e está aberta. O resto da agulla está aplanada e remata en punta, onde esta rota.
Sen título (CE005231/32)
Aplique de asa de sítula de forma cadrada con decoración calada, con vástago transversal e argola de suspensión. Conta con catro orificios para os remaches que a unirían á sítula, conservando aínda os dous remaches superiores.
Sen título (CE005246/37)
Vaso/ola de bordo cóncavo, corpo piriforme e base plana con pequeno resalte de talón. Presenta unha asa de sección plana, situada sobre a zona de maior diámetro do corpo, para facilitar a súa manipulación.
Está realizada nunha pasta de cor marrón/vermella, coa superficie exterior alisada e a interior parcialmente engobada nunha tonalidade vermella, cunha función antiadherente. Mostra unha decoración de acanaladuras incisas e un motivo ondulado estampillado disposto de forma alterna, no terzo superior do corpo.
Na base do corpo presenta restos de feluxe.
Sen título (CE005246/36)
Ola de forma globular de superficies avermelladas e pé resaltado ou anular. O bordo é exvasado ao exterior e con dúas facetas no interior. Presenta unha decoración, dende a ombreira á metade do corpo, de dúas acanaladuras paralelas que enmarcan unha franxa de óvalos estampillados, seguido dunha franxa de grupos de sete motivos de emes ou serpentiformes estampillados, dispostos en vertical entre dúas acanaladuras; debaixo, outra franxa máis estreita con catro motivos ondulantes de emes ou serpentiformes estampillados dispostos en vertical e catro acanaladuras ata a metade do corpo.
Paxinación
- First page
- Páxina anterior
- …
- 47
- 48
- 49
- 50
- 51
- 52
- 53
- 54
- 55
- …
- Páxina Seguinte
- Last page
Anverso: IMP GALLIE[NVS P F AVG]
Cabeza radiada de Galieno ádereita.
Reverso: Ilexible
Figura de pé