Sen título (CE005271/14)

Sen título (CE005271/14)
Sen título (CE005271/14)
Comentario

Fíbula en omega. Corpo circular terminado en remates moldurados. Conserva a agulla.

Sen título (DX0080/5)

Sen título (DX0080/5)
Sen título (DX0080/5)
Comentario

Formalmente, o prato presenta un corpo pouco profundo con borde horizontal e o solero plano, mentres que a súa pasta homoxénea, compacta e depurada, con algunhas pequenas intrusións, ten a tonalidade branco marfil característica de talleres valdarneses, ao igual que o vídro estannifero, de cor branco-gris leitoso, brillante, denso e fino co que se cubre completamente a peza.

Decorado en azul escuro, amarelo, ocre-marrón e alaranxado e coa ala do prato presentando unha orla central de cor azul escura con gramática decorativa en negativo; ala que enmarca un tema central de carácter xeométrico. A orla central á súa vez aparece delimitada por dous filetes, o primeiro de cor laranxa sobre o que se engaden breves pinceladas equidistantes de pigmento azul, e o exterior, de cor amarela sobre o que de forma equidistante se engaden puntos de cor ocre-marrón a base de pigmento espeso e percibible co tacto. No centro vense motivos decorativos dentados e letras U realizadas por eliminación do pigmento azul.

Sen título (CE005271/9)

Sen título (CE005271/9)
Sen título (CE005271/9)
Comentario

Fragmento de doa de cor azul decorada con tres ollos de cor azul oscura e branca.

Sen título (CE005246/15)

Sen título (CE005246/15)
Sen título (CE005246/15)
Comentario

Anverso: [IMP CAE]S M ANT GORDIANVS AVG.

Busto laureado e con coiraza de Gordiano á dereita.

Reverso: CONCORD[IA] AVG.

Concordia sentada nun trono á esquerda, na man dereita porta dobre cornucopia, e na esquerda pátera. No exergo, SC.

Sen título (CE005271/6)

Sen título (CE005271/6)
Sen título (CE005271/6)
Comentario

Doa bitroncocónica, con perforación central. Cor azul brancuzco.

Sen título (CE005271/5)

Sen título (CE005271/5)
Sen título (CE005271/5)
Comentario

Fragmento de doa de colar das denominadas de ollos, dos que conserva dous completos e parte dun terceiro.

Sen título (CE005246/13)

Sen título (CE005246/13)
Sen título (CE005246/13)
Comentario

Anverso: IMP C[LAVDIV]S AVG

Busto radiado e con couraza de Claudio II á dereita.

Reverso: FELI[CI]TAS AVG

Felicidade de pé, de fronte, ca cabeza volta á dereita; coa man dereita sostén unha cornucopia e na esquerda un caduceo.

Sen título (CE005246/12)

Sen título (CE005246/12)
Sen título (CE005246/12)
Comentario

Anverso: G[A]LLIENVS AVG.

Busto radiado de Galieno á dereita.

Reverso: IOVI CONS AVG

Imaxe dunha cabra camiñando á esquerda. No exergo, S.

Sen título (CE005227/2)

Sen título (CE005227/2)
Sen título (CE005227/2)
Comentario

Anverso: IMP CARINVS P F AVG.

Busto radiado e con manto de Carino á dereita.

Reverso: FELIC-IT PVBLICA.

Felicidade de pé, de fronte, coa cabeza volta á esquerda; apoia o brazo dereito nunha columna e na esquerda porta un caduceo. No exergo, TXXI.

Sen título (CE005246/9)

Sen título (CE005246/9)
Sen título (CE005246/9)
Comentario

Conxunto de cinco fragmentos que ofrecen o perfil do bordo, corpo e inicio dunha cunca carenada de terra sigillata sudgálica, decorada co estilo de frisos e cun verniz de moi boa consistencia e calidade. O bordo, moldurado e aberto, está burilado. A decoración do corpo, minuciosa e ben impresa, consiste nun friso de palmetas seguidas de tipo "cunco", delimitado por liñas de perlas, típicas das producións sudgálicas, unha baixo o bordo e dúas a ambos lados do baquetón de separación entre friso e corpo. Na parte inferior do corpo presenta como motivos decorativos unha banda de follas de palma e un segundo friso de palmetas como o anterior. Unha moldura lisa delimita o comezo do fondo.