Sen título (CE005246/2)

Sen título (CE005246/2)
Sen título (CE005246/2)
Comentario

Sete fragmentos dunha xerra de corpo bicónico, de cor verde mofo con bordo exvasado e embutiforme, colo cilíndrico, pé anular tamén exvasado e asa dereita acanalada cunha costela central e dous laterais máis pequenas e menos grosas, aplicadas ao corpo sobre o punto de maior diámetro e probablemente baixo o bordo. As pegadas de fabricación son visibles na embocadura en forma de estrías, que xunto co deseño e orientación das burbullas -fundamentalmente ovales- reflicten o estiramento manual realizado para conformar o bordo, cuxo beizo aparece dobrado sobre se mesmo e acabado a lume. Pegadas de estiramento que tamén son claramente visibles nos fragmentos de asa.

Sen título (DX0012/9)

Sen título (DX0012/9)
Sen título (DX0012/9)
Comentario

Vaso reconstruído a partir de 27 fragmentos correspondentes ao bordo, corpo e base dun vaso cónico ou acampanado, con pé. O vaso, se ben moi fragmentado, presenta un bordo exvasado e decorado mediante seis liñas gravadas pouco profundas e estreitas. A base ten pé con forma de pavillón de trompeta ou >.Presenta un corpo troncocónico lixeiramente en "S" ou acampanado, tamén decorado con liñas gravadas.

Está realizado coa técnica de soprado ao ar, engadíndolle á base un segundo soprado para conformar o pé. O vidro no que está feito é incoloro pero ten unha tonalidade ámbar.

Na cara interna dun dos fragmentos do fondo apreciase un residuo de cor rosada.

Sen título (DX0017/1)

Sen título (DX0017/1)
Sen título (DX0017/1)
Comentario

Cunca ápoda de tradición helenística ou linear cut bowl, de corpo hemisférico, reconstruída a partir dun fragmento correspondente ao bordo e á zona superior do corpo. Caracterízase por ter un bordo recto e engrosado, un corpo que se vai adelgazando cara á zona media e dúas zonas de acanaladuras internas, paralelas ao bordo, unha baixo o labio e outra dobre na zona media. Presenta tamén un coidado acabado mediante pulimento a torno en todo o interior da peza e na zona exterior do bordo.

Na parte superior do corpo a 25 e 27 mm do bordo, polo interior, ten dúas acanaladuras, separadas entre se por 1 mm. Non presenta alteracións provocadas polo tempo, pero si rabuñaduras e rozaduras polo uso.

Sen título (CE006254)

Sen título (CE006254)
Sen título (CE006254)
Autores/as
Gatteaux, Edouard
Comentario

Atenea tocada con casco de Corinto e rodeada de coroa de loureiro. Varios instrumentos das artes: paleta de pintor, ferramentas de arquitecto, unha cítara, útiles de gravación de medallas e cicel e martelo. Lenda

Sen título (CE006253)

Sen título (CE006253)
Sen título (CE006253)
Autores/as
Mercandetti, Tomás
Comentario

Busto de perfil e mirando á esquerda do cardenal. Lenda e nome do autor.

Sen título (CE006252)

Sen título (CE006252)
Sen título (CE006252)
Autores/as
Manfredini, Luigi
Comentario

O Destino disfrazado de home vello e suxeitando unha furna permanece sentado fronte as tres Parcas aladas. Lenda

Sen título (CE006251)

Sen título (CE006251)
Sen título (CE006251)
Autores/as
Waechter, Georges Christian
Comentario

Sobre un altar rectangular e soportado por un zócalo aparecen diversos atributos das artes, as ciencias, as letras e o comercio. No centro do soporte unha cartela con inscrición. Arredor da medalla unha orla vexetal. Baixo o exergo a data en números románs.

Sen título (CE006250)

Sen título (CE006250)
Sen título (CE006250)
Autores/as
Hamerani, J.
Comentario

Busto do soberano, con longa melena, de perfil á dereita. Lenda e nome do autor.

Sen título (CE006248)

Sen título (CE006248)
Sen título (CE006248)
Autores/as
Brenet
Galle, André
Comentario

Dous personaxes fan reverencia ante Napoleón e Murat, portando un deles na man un pergamiño e o outro un sombreiro. Napoleón leva na man dereita unha rama de loureiro mentres que colle a empuñadura da espada coa esquerda, xesto que repite o seu acompañante. A seus pés unha ninfa seminúa está apoiada nunha furna que leva rotulado "SCHOENBRUNN". Lenda

Sen título (CE006246)

Sen título (CE006246)
Sen título (CE006246)
Autores/as
Marchant, Nathaniel
Pingo, Lewis
Comentario

Inscrición no campo da medalla, a ámbolos dous lados ramas de loureiro e arredor unha greca.