Sen título (CE005246/28)
Anverso: D N GRATIA-NV[S P F AVG].
Busto con diadema de perlas, drapeado e con coiraza de Graciano á dereita.
Reverso: [REPARATIO-]REIPVB.
Imaxe do emperador de pé, de fronte, mirando á esquerda; alza coa man dereita a unha muller axeonllada e sostén coa esquerda unha Vitoria sobre globo.
Sen título (CE005246/26)
Anverso: D N FL CL C[ONSTANTIVS [NOB CAES].
Busto con cabeza núa, drapeado e con coiraza de Constancio Galo á dereita.
Reverso: FEL TE[MP RE-PARATIO].
Imaxe de soldado con helmo e escudo, avanzando á esquerda, alanceando a un xinete caído. No exergo, SMK(.).
Sen título (CE005246/25)
Follis de Constantino II
Anverso: CONSTANTINVS IVN NOB C. Busto laureado e con coiraza de Constantino II á dereita.
Reverso: CAESARVM NOSTRORVM. Coroa de loureiro. No interior, VOT/ V.
Sen título (CE005246/24)
Anverso: [TI CLAVD]IVS CAES[AR AVG P M TR P IMP]
Cabeza núa de Claudio á esquerda.
Reverso: LIBE[RTAS AVGVSTA]
Liberdade de pé con gorro frixio. No campo, S-C.
Sen título (CE005271/21)
Anverso: TI.CAESAR AVGVSTVS.
Cabeza laureada de Tiberio á dereita.
Reverso: Touro parado á dereita. Enriba: BAGG.FRONT (NT enlazadas). Debaixo: CN.BVCCO. Diante II VIR II. Detrás, C V I CEL.
Sen título (CE005227/4)
Anverso: D N HONORIVS P F AVG.
Busto con diadema de perlas, con coiraza e "paludamentum" de Honorio á dereita.
Reverso: GLORIA-[ROMA]NORVM.
Imaxe do emperador de pé, de fronte, mirando á dereita. Sostén coa man dereita estandarte e coa esquerda globo. No exergo, SMNT.
Sen título (CE005271/18)
Fíbula anular plana cun gran oco central, decorada por dous baquetóns estriados no borde. A parte traseira é lisa e se aprezan restos do resorte que suxeitaría a agulla.
Sen título (CE005271/16)
Doa de colar de forma globular con perforación central e sección circular.
Sen título (CE005271/15)
Fíbula de charnela correspondente ao tipo Aucissa. Arco con nervio central no seu extremo baixo o que se sitúa a cama. Alí descansa a agulla que arranca do travesaño de ferro rematado en dous botóns moldurados. Presenta unha cabeza cónica que se une ao extremo do arco por un apéndice que se inserta no corpo que é oco. Ten a particularidade de estar esmaltada en amarelo e negro mediante triángulos.
Paxinación
- First page
- Páxina anterior
- …
- 49
- 50
- 51
- 52
- 53
- 54
- 55
- 56
- 57
- …
- Páxina Seguinte
- Last page
Doa de pasta vítrea de cor azul claro.