Sen título (DX0012/16)
Folla de fouce ("falx") cun espigo para inserir un mango que puido ser, segundo a tendencia habitual, de madeira ou de materia ósea.
Sen título (CE005246/7)
Chocallo de forma rectangular e sección oval realizado mediante a dobrez dunha lámina. Da asa conserva soamente o arrinque na parte superior e tamén perdeu o badalo do seu interior, que ao bater contra a lámina servía para producir o son característico dos chocallos.
Sen título (CE005231/4)
Consta de dúas partes: o coitelo propiamente e a vaíña. Folla e espigón forman unha soa peza.Ten un lado curvo e afiado, cunha escotadura na zona máis próxima ó mango, e o dorso recto, sen corte e máis groso.
O mango ou empuñadura, que non se conserva, podería ser de bronce, ferro, óso ou madeira e iría suxeito á folla por medio do espigón.
A vaíña tería, basicamente, dúas partes: unha funda de coiro ou madeira e unha prancha de bronce dobrada sobre si mesma, que enmarca a vaíña a modo de armazón exterior. Nesta peza, soamente se conserva a parte da conteira correspondente ó lado recto do coitelo, decorada cunha especie de festonado na beira, no que debía se-la súa cara anterior. As dúas partes estaban unidas por un vástago en S con argolas, polas que pasaba unha cinta para suxeitar ó cinto.
Leva, a modo de conteira, un remate inferior decorado cunha esfera, que vai unido ó corpo da vaíña por dúas molduras.
Sen título (CE005231/3)
Aplique con decoración antropomorfa, formado por un espello circular cun mascarón toucado con coroa de raios. O conxunto complétase cun traveseiro en forma de media cana, adornado con dúas molduras, con incisións verticais. Remata nunha argola, na que iría engarzada á asa.
O mascarón representa un rostro masculino aínda que os riscos faciais están moi pouco definidos agás o nariz, que é triangular e pronunciado, e a boca con grosos beizos. O rostro atópase enmarcado por unha gran barba con rizos indicados a través de incisións radiais.
Sen título (CE005219/3)
Fíbula en omega. Arco circular de sección lobulada cuxos extremos rematan en apéndices decorados mediante baquetóns paralelos. A agulla está completa.
Sen título (CE005247/8)
Doa de cor ámbar. Sección bitroncocónica aplanada.
Sen título (CE005247/2)
Fíbula en omega. Corpo circular terminado en remates moldurados. Conserva a agulla.
Sen título (CE005247/1)
A peza ten un fondo plano, cun pequeno resalte basal, do que arrincan as paredes cun ángulo moi marcado, desenvolvendo un corpo case que globular, de paredes delgadas -5 mm-, que se pecha nun colo curto e bordo volto cara fóra con remate redondeado. Como decoración presenta na ombreira un sinxelo cordón semicircular resaltado e no corpo un espatulado moi suave. Ten unha ampla boca, co labio plano, oblicuo e groso -ata case que o triplo da parede, 18 mm-.
Estas características converten a peza en algo inestable, polo que non resulta estraño o feito de que encaixase no chan para garantir a súa estabilidade, do mesmo que a súa capacidade volumétrica orienta a interpretación da súa función á de conter líquidos, quizás auga, para o servizo doméstico.
Sen título (DX0086/1)
Seis fragmentos (todos da mesma peza, pegados) que son borde e corpo dunha forma Drag. 15/17. Presenta un baquetón interior remacado por sucos incisos que se corresponden cun rebaixe ó exterior. O borde ten un diamétro de 24 cm. Presenta liña incisa exterior que fai resaltar o labio apuntado.Pasta alaranxada e verniz roxizo alaranxado mate.
Paxinación
- First page
- Páxina anterior
- …
- 51
- 52
- 53
- 54
- 55
- 56
- 57
- 58
- 59
- …
- Páxina Seguinte
- Last page
Brazo de compás lixeiramente curvo, de sección rectangular, terminando en punta. O extremo oposto forma un disco perforado, onde encaixaría o cravo de fixación. Nunha das caras, a perforación amplía o seu diámetro.