Sen título (DX0080/5)

Sen título (DX0080/5)
Sen título (DX0080/5)
Comentario

Formalmente, o prato presenta un corpo pouco profundo con borde horizontal e o solero plano, mentres que a súa pasta homoxénea, compacta e depurada, con algunhas pequenas intrusións, ten a tonalidade branco marfil característica de talleres valdarneses, ao igual que o vídro estannifero, de cor branco-gris leitoso, brillante, denso e fino co que se cubre completamente a peza.

Decorado en azul escuro, amarelo, ocre-marrón e alaranxado e coa ala do prato presentando unha orla central de cor azul escura con gramática decorativa en negativo; ala que enmarca un tema central de carácter xeométrico. A orla central á súa vez aparece delimitada por dous filetes, o primeiro de cor laranxa sobre o que se engaden breves pinceladas equidistantes de pigmento azul, e o exterior, de cor amarela sobre o que de forma equidistante se engaden puntos de cor ocre-marrón a base de pigmento espeso e percibible co tacto. No centro vense motivos decorativos dentados e letras U realizadas por eliminación do pigmento azul.