Sen título (CE005230/6)

Sen título (CE005230/6)
Sen título (CE005230/6)
Comentario

Valva de molde de fundición, case completa, para dúas agullas con dobre cabeza. Presenta os seguintes elementos de abaixo- arriba: fragmento de varilla recta e plana rematada por unha cabeza máis grande dividida en dúas seccións, a primeira troncocónica invertida e asegunda case esférica. A cada lado, e xunto ao borde, ten dous rebaixes de axuste.

Sen título (CE005230/5)

Sen título (CE005230/5)
Sen título (CE005230/5)
Comentario

Fíbula anular en omega. Fáltalle a agulla e a parte terminal dun extremo. Arco de perfil e sección circular cuxo grosor varía entre 1,8 e 3,5 mm. Extremos voltos que deixan entre si unha separación de 0,8 mm. O extremo volto completo mide 7,5 mm e o botón terminal presenta tres molduras e unha protuberancia.

Sen título (CE005230/1)

Sen título (CE005230/1)
Sen título (CE005230/1)
Comentario

Coitelo de folla ancha e fío curvo. Conserva parte do espigo de sección circular, para introducir no mango.

Sen título (DX0050/1)

Sen título (DX0050/1)
Sen título (DX0050/1)
Comentario

Tres fragmentos de Terra Sigillata Hispánica, borde e corpo dunha cunca en forma Drag. 37. Presenta un franxa lisa baixo o borde, pero logo, separado por un surco inciso paralelo ó este, presenta unha decoración en base a tres círculos concéntricos, segmentados os dous exteriores, e separados por motivos verticais. Verniz poco brillante. Liñas de torno polo interior.

Sen título (CE005231/2)

Sen título (CE005231/2)
Sen título (CE005231/2)
Comentario

Un só fragmento correspondente ao bordo e parte superior do corpo dun prato con forma en "popa de barco", de bordo recto ou vertical e composto por un filamento azul mariño aplicado exteriormente sobre devandito bordo, co beizo cortado a tesoira e bruto, de tal forma que se observan perfectamente as pegadas derivadas do cortado.

Sen título (CE005246/5)

Sen título (CE005246/5)
Sen título (CE005246/5)
Comentario

Fragmento de vidro de tonalidade verdosa amarelada escura pertencente a unha cunca troncocónica de perfil sinuoso, co bordo lixeiramente exvasado, engrosado e pulido ao lume (bordo en cabeza de misto).

Sen título (DX0008/1)

Sen título (DX0008/1)
Sen título (DX0008/1)
Comentario

Un único fragmento correspondente ao bordo e corpo dunha cunca hemisférica de bordo recto e labio bruto pulido a torno.

Decoración: Dobre moldura convicta consistente en dous fíos ou filetes da mesma tonalidade que o resto da peza, separados, entre se 11 mm e cunha anchura de 1,5 mm o superior e de 2 mm o inferior, aínda que o primeiro presenta unha sección máis saínte.

Sen título (CE005212/1)

Sen título (CE005212/1)
Sen título (CE005212/1)
Comentario

Vasilla reconstruída a partir dun fragmento correspondente ao bordo e parte superior do corpo dunha cunca hemiesférica de costelas da serie baixa, forma Isings 3 a, pouco profunda e de bordo vertical lixeiramente engrosado con respecto ao corpo. O corpo é hemisférico baixo ou en "arco de círculo" con costelas prominentes que irradiarían, probablemente, desde o centro da base e desenvólvense ata por baixo do ombreiro e que configuran o motivo decorativo. Aínda que o fragmento orixinal conservado é de pequeno tamaño, mostra un coidadoso acabado e unha perfecta simetría na realización das costelas.

Sen título (CE005246/4)

Sen título (CE005246/4)
Sen título (CE005246/4)
Comentario

Cunca carenada de pasta ocre amarela ben depurada, co bordo inclinado cara ao interior, parede moi fina e lixeiramente convexa e pé en resalte. Presenta decoración pintada en cor marrón, con motivos característicos do repertorio das denominadas cerámicas pintadas tipo Clunia, entre as que se inclúe. Na parte superior da carena, un friso metopado por liñas verticais paralelas, cunha das metopas ocupada por un motivo vexetal e a outra por unha aspa sinxela. Baixo a carena mostra unha serie de arquiños invertidos que pousan nunha liña horizontal.

Sen título (CE005231/1)

Sen título (CE005231/1)
Sen título (CE005231/1)
Comentario

Conxunto de cinco fragmentos correspondentes ao bordo, corpo e base dun vaso cónico ápodo e con muñón (lámpada). O bordo é vertical, lixeiramente exvasado e co beizo engrosado e pulido a lume. A súa reconstrución tipolóxica - feita mediante debuxo arqueolóxico - a partir do cálculo de modulación das partes conservadas e da comparación con formas completas coñecidas -, conformaría unha lámpada de corpo troncocónico segundo se deduce dos fragmentos conservados e da curvatura da parte baixa na súa unión coa base. A base presenta unha curva convexa ao exterior e un apéndice ou toco de deseño troncocónico moi mal cortado e acabado na súa parte inferior. Os fragmentos conservados do bordo e da parte superior do corpo presentan unha decoración de tres franxas esmeriladas, observándose en dúas dos fragmentos unha deformación do bordo, así como do esmerilado, polo que a acción da calor que provocou esta distorsión tivo lugar unha vez que xa a peza foi esmerilada.