Sen título (DX0044/26)

Sen título (DX0044/26)
Sen título (DX0044/26)
Comentario

Ola de tamaño medio e forma globular, con certa tendencia piriforme; é dicir, que o punto máis amplo da barriga se localiza na parte media/baixa.. O bordo é exvasado, facetado e lixeiramente cóncavo, cun labio redondeado. O fondo é plano, como é propio deste tipo. Conserva o arrinque dunha asa de cinta que une o labio coa parte media da barriga. A asa reintegrouse cuns leves rebordos laterais e unha depresión central, características que aparecen frecuentemente nesta forma. O acabamento exterior é un simple alisamento, bastante perdido xa, debido ao uso da peza, quizais en tarefas relacionadas co procesado e consumo de alimentos.

(Asa: altura 6,3; anchura 3,2 e grosor 0,4 cm).