Sen título (DX1005/8)

Sen título (DX1005/8)
Sen título (DX1005/8)
Comentario

Cunca de base anular, fondo plano e bordo horizontal. Presenta decoración cara o exterior e interior. No exterior conserva restos do que podemos identificar con motivos vexetais estilizados en azul e perfilados en morado. No interior, no centro, está decorada por un cervo rodeado de motivos vexetais e unha bolboreta, realizados con tres cores: azul, raiado laranxa e morado, para os contornos das figuras. Todo iso enmarcado por unha orla tricolor de motivos xeométricos que ocupa todo o bordo da peza.