Sen título (DX0003/14)

Sen título (DX0003/14)
Sen título (DX0003/14)
Comentario

A peza non conservou unha pequena parte do extremo proximal. A súa morfoloxía é trapezoidal, con sección lateral subrectangular, caras lixeiramente convexas regulares, lados rectos e arestas converxentes asimétricas. No que atinxe aos extremos da peza, na parte proximal as vistas frontal e lateral do talón son irregulares, namentres que no extremo oposto o fío da parte activa é convexo-simétrico con tendencia rectilínea. Na metade distal unha das caras presenta un rebaixe de forma cuadrangular que se sitúa lixeiramente excéntrico con respecto ao eixo principal da peza, coincidindo co lene aplanamento desta mesma cara, e que posiblemente foi realizado para facilitar o mangue desta. As alteracións que presenta son unha pátina de envellecemento e unhas fisuras no gume, pero sobre todo no talón. A superficie é opaca, e está puída integramente, amosando un brillo sedoso tenue, xunto cunha textura fibrosa e veada con cores de tonalidades diversas (beixes, cincentas, marróns e azuis). As diferenzas morfolóxicas das caras poderían estar en relación coa función e a ergonomía da peza. Índices: de lonxitude: 2,6, de anchura: 0,7, de grosor: 0,5.