Sen título (CE005349/1)

Sen título (CE005349/1)
Sen título (CE005349/1)
Comentario

Fragmento de bordo dun recipiente aberto con perfil semicóncavo e paredes semigrosas. O beizo é apuntado e convexo. A pasta permite observar unha textura semiporosa, homoxénea, con presenza de desgraxantes finos/medios, e de cores ocre e cincenta. As superficies son lisas -mesmo brunida, na exterior- e amosa unha coloración irregular con tonalidades ocres, cincentas e marróns. A decoración é pouco perceptible salvo por uns lenes trazos de liñas oblicuas e acoutadas por un trazo lixeiramente paralelo ó beizo. Pertence á mesma vasilla que o fragmento nº 8 da serie (Nº Invent. CE005349/9)