Sen título (CE005212/75)
Conxunto de cravos de ferro de diferentes tamaños e formas.
Sen título (CE005231/48)
Cunca da variante lisa da forma Drag. 37t de TSHT, de perfil lixeiramente sinuoso, bordo aberto e beizo reforzado, con indicación de separación entre o corpo e o colo, e pé case inexistente. A pasta é moi fina e alaranxada, con escasos restos de engobe.
Sen título (CE005232/17)
Puñal de antenas de folla triangular fundido en ferro nunha sola peza? A empuñadura é circular con ensanchamento no seu centro. As antenas de pequeno tamaño, recordan as dos puñais hallstáticos. Conserva as gardas que son curvas e moi abertas e que fan supoñer que se adaptarían a unha folla con escotes semicirculares, non podendo precisar con exactitude a forma do remate das antenas por estar corroídas polo óxido.
Sen título (CE005212/73)
Vaso bitroncocónico que presenta o característico carenado, un asa lateral e bordo exvasado cara ao exterior e curvo ao interior. Conta cun asa lateral de sección semicircular. O fondo é plano e toda a peza amosa un aspecto escuro e pulido, propio destes vasos, cuxa única decoración é o carenado na metade do corpo.
Sen título (DX1028/18)
Ola de gran tamaño que presenta bordo exvasado coa cara interior bifacetada, corpo, de forma ovoide, con tres cordóns pegados de sección semicircular e estreita base plana. A pasta é de cor ocre con certos reflexos dourados.
Sen título (DX1028/17)
Ola de grandes dimensións de bordo facetado e o corpo esférico, cun amplo diámetro de abertura e fondo plano con resalte de talón. No inicio do corpo, a modo de decoración, amosa dúas acanaladuras horizontais que enmarcan unha franxa de motivos de "sigmas" estampilladas, seguido de catro molduras perimetrais convexas. A pasta é de cor gris escuro no interior e de tonalidade ocre ao exterior.
Sen título (CE006283/12)
Ola de forma globular. Base plana. Decoración a base de liñas onduladas incisas na parte superior do corpo e panza.
Sen título (CE004174/76)
Fragmento de borde e parede dunha cunca en forma Drag. 27. Pasta de cor terra siena natural clara, compacta e homoxénea, de corte recto: verniz roxo inglés, sen brillo.
Borde aberto con groso labio redondeado, sinalado ao interior e exterior por sendas acanaladuras; o cuarto de círculo superior presenta maior tamaño que o inferior.
Sen título (DX0003/26)
A peza presenta unha morfoloxía subtriangular de sección irregular, cor cincenta e retoque marxinal e abrupto nun dos lados.
Paxinación
- First page
- Páxina anterior
- …
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- …
- Páxina Seguinte
- Last page
Broche de cinto composto por dous elementos diferenciados: fibela e placa. O anel da fibela é de forma ovalada, presenta decoración gallonada no anverso e aparece fracturado na zona media. Na base ten dous remaches cun orificio circular que permiten o paso dun pasador de ferro, cuxa funcionalidade é articular a fibela coa agulla, que non se conserva, e a placa. O reverso da fibela é plano. A placa ten forma rectangular e o seu perfil externo aparece percorrido por un sinxelo motivo decorativo formado por unha dobre liña incisa, motivo que se repite no espazo central da placa, en sentido lonxitudinal, definindo dous rexistros horizontais superpostos nos que figura un epígrafe de carácter cristián, realizado con técnica de calado, no que se le: XPS SI(T) / TECUM, é dicir, «Cristo sexa contigo». Na parte posterior da placa dispóñense catro apéndices perforados mediante un orificio circular para a fixación do broche ao coiro da correaxe.
A peza estaba revestida cunha lámina de prata, hoxe perdida en parte e alterada.