Sen título (DX0008/164)

Sen título (DX0008/164)
Sen título (DX0008/164)
Comentario

Unha centena de fragmentos, moitos deles de minúsculas dimensións que se corresponden co bordo e parte superior e media do corpo dunha cunca troncocónica da forma Alarção nº 225. Bordo lixeiramente esvasado e vertical-curvado ou en "S", co labio bruto aínda que lixeiramente puído a torno. Corpo troncocónico ou tamén en forma de campá invertida.

Decoración a base dunha franxa esmerilada ancha que ocupa toda a superficie exterior do bordo, e a continuación tres franxas finas tamén esmeriladas delimitando a marxe superior da zona decorada con cabuxos -posiblemente estas tres franxas delimitarían tamén pola parte inferior os cabuxos ao igual que acontece na cunca nº 46 da exposición Vetri dei Caesari (PAINTER E LIGHTFOOT, 1988, 113) ou no fragmento nº 370 de Baetulo (FLOS, 1987, 85, Nº 370; FIG. 61.370)-; nesta zona consérvase un cabuxo oval de gran tamaño e disposición oblicua asociado a tres cabuxos máis de menor tamaño e deseño oval e circular, que xunto con un cuarto non conservado daría lugar a unha composición triangular ou en "racimo de uvas", moi frecuente no mundo xermano.