Sen título (CE005231/53)

Sen título (CE005231/53)
Sen título (CE005231/53)
Comentario

Fragmento de vidro de tonalidade verde amarelada correspondente a unha cunca hemiesférica do tipo Isings 96. Presenta un bordo en aresta viva e unha franxa enmarcada por dous filetes aplicados. Nesta franxa consérvase parte dunha inscrición coa letra A e o pao vertical da letra seguinte, quizais un M, polo que ben puidera facer referencia a unha invitación a beber: BIBAMVS, máxime cando as reducidas dimensións do recipiente parecen indicar o seu uso para beber.