Sen título (DX1210/23)
Fragmento correspondente ao bordo dunha botella cuadrangular do tipo Isings 50. Amosa o arranque do colo do recipente e ten unha cor amarela translúcida. A parede está rematada por un bordo espeso co labio volteado cara o exterior, sobreerguido e dobrado sobre sí mesmo. Pasta cor crara.
Sen título (DX1208/8)
Fragmento correspondente ao bordo dunha botella prismática do tipo Isings 50 de gran tamaño. Amosa o arranque do colo do recipente e ten unha cor verde translúcida. A parede está rematada por un bordo espeso, volteado cara afora, sobreerguido e dobrado sobre sí mesmo, formando un rebordo na parte interna. A través da fotografía na peza aprézase un picado do tipo pontos negros.
Sen título (DX1207/392)
Ficha ("calculus") plano-convexa e de sección circular.
Sen título (DX1208/7)
Ficha ("calculus") de forma elíptica e plana por ambas caras.
Sen título (DX1210/22)
Dardo para lanzar con catapulta (pilum catapultarium) de sección cadrada na punta e circular no tubo de enmangue semellante ós aparecidos en campañas arqueolóxicas anteriores. No momento da súa recuperación nas escavacións arqueolóxicas tiña unha lonxitude de 8,3 cm, máis a súa degradación fixo que no momento da súa catalogación só conserve 5,3 cm
Sen título (DX1210/21)
Punta de ferro triangular correspondente a unha espada ("spatha") que se conserva en tres láminas.
Sen título (DX1210/20)
Cuña ("cuneus") de ferro e sección cadrada empregada para fender na rocha e proceder a extracción de pedra nas canteiras. Fáltalle a cabeza.
Sen título (DX1210/18)
Cuña ("cuneus") de ferro e sección cadrada rematada en punta plana, empregada para fender na rocha e proceder a extracción de pedra nas canteiras.
Sen título (DX1210/17)
Cuña ("cuneus") de sección triangular rematada en punta.
Paxinación
- First page
- Páxina anterior
- …
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- …
- Páxina Seguinte
- Last page
Punta de lanza en ferro de sección romboidal e forma de folla con tubo de enmangue oco de sección circular.