Sen título (DX1211/72)
Fragmento dunha cunca de "terra sigillata hispánica". Fondo de pé de gallleta e arrinque de parede que presenta no exterior un grafito incompleto do que se distinguen as letras PI que corresponden á inscripción grafitada coas iniciais do propietario da cunca.
Sen título (DX1211/33)
Fragmento de bordo e arrinque de parede -onde se aprecia o inicio da decoración- dunha cunca de perfil curvo de "terra sigillata hispánica" Drag. 29.
Inscripción grafitada coas iniciais do propietario da cunca: R Q.
Sen título (DX1211/31)
Fragmento de bordo e panza dunha cunca de perfil curvo de "terra sigillata hispánica" Drag. 35. Labio exvasado con tendencia cara abaixo e decorado a base de follas de auga e barbotina.
Sen título (DX1211/28)
Fragmento correspondente a parte do fondo, parede e bordo dunha cunca de "terra sigillata" Drag. 35 . Pé anular de sección triangular. Boca con bordo exvasado lixeiramente engrosado e horizontal, carente de decoración. Pasta fina, dura, de cor rosado e verniz espeso brilante, de cor vermello.
Sen título (DX1211/27)
Varios fragmentos (11) dunha cunca de "terra sigillata" Drag. 27 con perfil de dous cuartos de círculo e labio marcado cara o exterior por unha pequena acanaladura. Pé alto de sección triangular. Pasta fina de cor rosado e verniz espeso de cor vermello brilante.
Sen título (DX1211/20)
Fragmento de disco de lucerna.
Sen título (DX1210/190)
Fragmento de bordo e parede dun gobelete de cerámica cincenta do Tipo 2. Trátase dunha forma de corpo ovoide con pasta dalle e superficie de cor gris crara e fina, e presenta o característico bordo curto e volto cara ó exterior. Non ten decoración, só se aprecia unha fina liña incisa.
Sen título (DX1210/140)
Varios fragmentos de bordo, parede e fondo pertencentes a un morteiro de cerámica común.
1. Tres fragmentos de bordo que pegan.
2. Un fragmento de bordo. Altura 3,6; anchura 7,6 e grosor 1,60-1,10 cm
3. Cinco fragmentos de fondo que pegan. Diámentro máximo 21; diámetro base 12,6 cm e grosor 0,9 cm
Sen título (DX1210/139)
Varios fragmentos (4) de bordo, parede e fondo pertencentes a unha oliña de cerámica común semiesférica con bordo aconcavado, decorado no labio por medio dunha banda ondulada que se repite no corpo enmarcada entre dúas acanaladuras. Fondo plano. Engobe de cor vermello no interior. Pasta de cor ocre con desengrasante de cuarzos e micas. No exterior mostra restos de feluxe.
Paxinación
- First page
- Páxina anterior
- …
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- …
- Páxina Seguinte
- Last page
Peza troncopiramidal coa parte superior lixeiramente biselada e cunha perforación circular na zona superior que a atravesa en toda a anchura.